Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2020

A policía sancionou a 63 persoas e detivo a tres desde o inicio do estado de alarma

A Xunta de Voceiros reuniuse esta mañá para actualizar a situación e recoller as propostas das e dos representantes das distintas forzas políticas co fin de frear a curva do coronavirus na cidade

A alcaldesa, Inés Rey, o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, e o responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, reuníronse esta mañá co resto das persoas representantes das forzas políticas do concello para as informar das últimas medidas tomadas e de como están resultando de cara a frear a curva de contaxio do coronavirus na cidade. Tal e como acordaron a semana pasada, a xunta, que se realizará dúas veces á semana, convocarase de novo este xoves co fin de pór ao día en todo momento as e os representantes dos distintos partidos.

No encontro, as/os voceiros achegaron as súas propostas e falaron de cuestións laborais e veciñais derivadas deste estado de alarma. Rey destacou a actitude participativa de todas e todos eles e comprometeuse a estudar as ideas que presentaron porque "isto é un traballo en común por lles dar unha mellor resposta ás necesidades das e dos coruñeses".

Desde o Goberno local, explicaron como está a situación na rúa e informaron das 63 sancións que lle impuxo a policía á veciñanza e das tres persoas que foron detidas desde o inicio do estado de alarma. Tamén repasaron os protocolos de prevención establecidos nos diferentes departamentos municipais, en intalacións como os mercados e áreas e servizos de Medio Ambiente... Ademais, afondaron sobre como se distribúe a seguridade na Coruña tras a cesión da Deputación de parte do IES Calvo Sotelo para unha segunda base dos Bombeiros no centro. Na primeira xuntanza, recordaron tamén todo o referido ao ámbito social e ás axudas, como o talón comedor e os comedores sociais, o acordo coa Cociña Económica, a habilitación do albergue no Pavillón de Deportes de Riazor que funciona desde onte, a gratuidade do aparcadoiro Materno-Oncolóxico e a dispoñibilidade que teñen tanto o persoal traballador como as persoas usuarias do Abente y Lago para deixaren o coche nos terreos da Solana.

Tamén trataron temas como a limpeza e a instalación dos baños públicos ou as negociacións que desde o concello se están realizando para conseguir máis equipos de protección, aínda que, nese punto, lembraron que o Sergas será o primeiro en abastecerse, debido a que o persoal sanitario é o que máis se expón ao virus, e a desinfección e as medidas de seguridade nos hospitais son primordiais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión