2 de xuño de 2021
O voceiro do Goberno local e concelleiro de Economía, José Manuel Lage, destacou o “bo clima” da comisión de Economía e Facenda que analizou o borrador do novo Presco.
O voceiro do Goberno local e concelleiro de Economía, José Manuel Lage, valorou as achegas do resto de grupos municipais na comisión informativa de Economía e Facenda que analizou o borrador do novo Presco. "Estamos entrando na recta final da elaboración do Plan de reactivación económica e social da Coruña, PRESCO, para 2021", apuntou o voceiro do goberno local.
Destacou o "bo clima" da comisión que entende será decisivo para acadar un acordo que permita que o novo Presco sexa unha realidade neste mes.
"Teño que saudar positivamente as achegas que fixeron todos os grupos políticos. Creo que nese bo clima vai a ser posible o entendemento. A vontade do Goberno local é seguir coa man tendida. Entendemos que un Presco de máis de 6 millóns de euros pode axudar a eses colectivos que tiveron e teñen máis dificultades derivadas das consecuencias económicas da pandemia. O que agardo é que ao longo do mes de xuño poidamos pechar e o Presco 2021 sexa unha realidade", sentenciou.
13 de xaneiro de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible