Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

2 de outubro de 2020

Borrego “O Concello da Coruña aposta polos produtos de calidade da comarca”

O concelleiro de Turismo asistiu esta mañá á presentación da primeira edición Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico, en que se destacará o mellor da gastronomía de proximidade. Dez restaurantes coruñeses participan nesta primeira edición entre o 9 e o 25 de outubro, que se caracteriza por utilizar produtos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e a xerenta do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, participaron esta mañá na presentación das Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico, que tivo lugar na Taberna 5 Mares, do Monte de San Pedro.

Borrego destacou que estás xornadas forman parte do plan estratéxico de Turismo do concello, que busca unha simbiose coa área metropolitana nunha aposta clara polos alimentos de proximidade da contorna da comarca. Pola súa parte, a xerenta subliñou que "unha débeda que tiña a concellaría era darlles visibilidade aos produtos da contorna metropolitana".

Borrego tamén lles agradeceu ás restauradoras e restauradores a súa participación no evento." Apostamos por unha economía circular, sustentable, por un produto de calidade e unha elaboración prodixiosa", dixo.

10 restaurantes da cidade da Coruña formarán parte entre o 9 e o 25 de outubro desta primeira edición que destaca por ofrecer propostas gastronómicas elaboradas con produtos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. No acto estiveron presentes o presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, José Antonio Santiso Miramontes, e o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira.

Entre eses días, os restaurantes Bido, Culuca, Greca, Millo Orzán, Pablo Gallego, Peculiar, Salitre, Taberna 5 Mares, Terreo e 55 Pasos, que comparten a paixón pola materia prima galega e de proximidade, terán nos seus menús distintos tipos de pratos realizados con produtos da Reserva de Biosfera.

As Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico ofrecerannos unha oportunidade magnífica para gozarmos da calidade dos nosos alimentos locais e da excelencia das nosas cociñeiras e cociñeiros. Trátase dun compromiso coa nosa riqueza agroalimentaria e culinaria máis sustentable e saudable, que pon en valor as empresas, profesionais e pequenos produtores que, día a día, contribúen á identidade gastronómica coruñesa.

Para máis info: http://territorioatlantico.es/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión