Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

27 de marzo de 2020

Controis especiais da Policía Local para evitar as saídas inxustificadas da cidade durante a fin de semana

Os e as axentes de policía que participaron neste dispositivo empregaron pantallas protectoras confeccionadas co material certificado que a empresa MAMPAT doou e que tamén se lles entregará aos Bombeiros, Protección Civil, Garda Civil, Policía Nacional, 061 e Servizos Sociais

A Policía Local levou a cabo este mediodía, seguindo as instrucións da autoridade competente, controis especiais nas saídas e entradas da cidade co fin de evitar os desprazamentos non xustificados por mor da chegada da fin de semana.

Todos os corpos e forzas de seguridade da cidade participaron neste dispositivo que se realizou nas principais vías de acceso e saída do municipio para impedir o éxodo dos vecinos e veciñas sen causa xustificada e, polo tanto, incumpren as normas decretadas polo estado de alarma.

Os e as axentes da Policía Local xa estiveron a utilizar nestes controis as pantallas de protección confeccionadas polo propio corpo de seguridade municipal seguindo as instrucións de MAMPAT, a empresa que lle doou ao concello da Coruña o material certificado necesario para a montaxe destas pantallas. Nestes momentos, tamén están a utilizar estes equipos de protección o corpo de Bombeiros, Protección Civil, Policía Nacional, 061 e a Garda Civil do centro penitenciario de Teixeiro. Ademais, xa se lles achegaron as primeiras pantallas ás entidades de Servizos Sociais e doutra índole: Ingesan, FEPAS, CLECE, Equipo de Atención Social (EAS), Hábitat, comedor social Novoboandanza, comedor social de Monte Alto, Padre Rubinos, Cáritas, Cociña Económica, ACCEM, Asociación Renacer, Fundación Amigó, Hogar Boanoite, SEMUS, Asociación Antonio Noche, Hogar Sor Eusebia, Centro de Acollida Betania e Fundación Hogar Santa Lucía.

O concello está a traballar tamén nunha actuación similar con xeles desinfectantes, que xa se están a repartir entre as entidades da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión