Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de decembro de 2020

Inés Rey: “O Concello iniciará as accións legais para recuperar a Casa Cornide”

Os informes encargados á Universidade da Coruña avalan a decisión do concello de adoptar medidas xurídicas

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que o Concello iniciará os trámites legais para recuperar para o patrimonio público a Casa Cornide, unha vez que os informes xurídicos encargados polo Concello á Universidade para estudar as posibilidades de recuperación da Casa Cornide para o patrimonio público avalan as accións por parte do Concello para a recuperación do inmoble. "O Goberno local non eludirá o seu firme compromiso coa memoria democrática e utilizaremos todas as accións ao noso alcance para restituír a Casa Cornide á súa lexítima titular: a cidadanía da Coruña", dixo Rey.

A alcaldesa explicou que as conclusións do informe elaborado pola UdC serán estudadas agora pola asesoría xurídica municipal co obxectivo de comezar canto antes as accións xudiciais que permitan recuperar a Casa Cornide, e lembrou que o Goberno local mantén outra vía para recuperar a Casa Cornide que é a declaración do edificio como Ben de Interese Cultural BIC.

Os informes destacan que a natureza xurídico-patrimonial pública da Casa Cornide é pública, e contrastan a ilegalidade dos sucesivos procedementos de permuta, poxa e venda da casa. Segundo aparece recollido no informe, a Casa Cornide pasou a ser propiedade do Estado en 1949. O 22 de xuño de 1962 transmitiuse ese ben en permuta ao Concello de Coruña. Poucos días despois, o Pleno do concello en sesión extraordinaria aprobou a poxa pública para a venda da Casa Cornide ao mellor ofertante. O 2 de agosto de 1962 realizouse a poxa, e a Casa Cornide foille adxudicada polo prezo de 305.000 pesetas.

Tan só tres días despois véndese a Casa Cornide a Carmen Polo e Martínez Valdés por 25.000 pesetas. Non existiu autorización do Ministerio de Educación Nacional, a través da Dirección Xeral de Belas Artes, nas sucesivas transmisións. Ademais modificáronse as condicións da poxa co fin de que o adxudicatario non tivese que facer fronte a certas condición recollidas nos pregos. A modificación, sinalan, foi feita sen atender ás prohibicións establecidas na lexislación de contratación administrativa.

Doutra banda, explicou a rexedora, o Concello realizou investimentos na Casa Cornide desde 1962 ata 1976 por valor de máis dun millón de pesetas, cando, presuntamente, xa non era titular dela.

Sobre a validez das compravendas realizadas os días 3 e 6 de agosto de 1962 polo Concello da Coruña, o informe conclúe que a inexistencia da preceptiva autorización para os actos de alleamento de bens inmobles de máis de cen anos do ministerio competente, establecida no art. 9 da Lei de 1931, así como o informe do Ministerio de Educación Nacional que incluía o artigo 191 do Decreto do 16 de decembro de 1950 (LRL) "poden ser causa de nulidade dos actos de disposición da Casa Cornide levados a cabo no ano 1962".

Aseguran que existen elementos obxectivos nas compravendas realizadas os días 3 e 6 de agosto de 1962 e nas propias manifestacións que constan nas Actas das sesións da Corporación do Concello da Coruña que permiten solicitar a nulidade da compravenda por simulación absoluta.

O Concello poderá agora iniciar unha acción de revisión de oficio dos expedientes de permuta e alleamento da Casa Cornide, ao amparo do artigo 109 da Lei 39/2015, do 30 de outubro, por concorrer causas de nulidade de pleno dereito. Ademais, poderá solicitar a nulidade por simulación absoluta da compravenda da Casa Cornide contra os habentes causa de Carmen Polo e Martínez Valdés.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión