Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de decembro de 2021

Inés Rey reafirma a aposta do Concello pola seguridade vial e a mobilidade sostible na entrega dos premios ao concurso escolar de STOP Accidentes

Inés Rey: “Sumando pequenos esforzos en cada casa, en cada colexio, tamén nas rúas, podemos axudar a impulsar as novas formas de mobilidade nas cidades”

A alcaldesa, Inés Rey, fixo hoxe entrega dos premios da sétima edición do Concurso Escolar 'Agora vamos andando ao cole', impulsado pola asociación STOP Accidentes e no que colabora o Concello da Coruña, co obxectivo de reforzar a mensaxe da seguridade vial e tamén os comportamentos seguros na contorna dos centros educativos.

Durante o acto, celebrado esta tarde no Pazo Municipal de María Pita e ao que tamén asistiron os concelleiros de Urbanismo, Infraestruturas, Mobilidade e Vivenda, Juan Díaz Villoslada, e de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, foron premiados 15 pequenas e pequenos, todos eles alumnos de terceiro a sexto ano de primaria en colexios da cidade. Inés Rey, acompañada da delegada en Galicia de STOP Accidentes, Jeanne Picard, agradeceu ás nenas e nenos participantes os seus traballos, unha serie de cartas e debuxos onde amosaron o seu compromiso cunha mobilidade sostible e responsable, incidindo tamén na redución da contaminación para transformar as cidades.

Inés Rey, que valorou a imaxinación e creatividade das nenas e nenos nos proxectos expostos, resaltou que esta filosofía é compartida polo Goberno municipal no seu proxecto de reurbanización e humanización da Coruña. "Ese sentidiño ao que apelan os máis novos nos traballos presentados ao certame debe facernos reflexionar aos que xa somos adultos, porque algo aparentemente simbólico como unha carta ou un debuxo pode contribuír a xerar conciencia social e tamén a salvar vidas. Sumando pequenos esforzos en cada casa, en cada colexio, tamén nas rúas, podemos axudar a impulsar as novas formas de mobilidade nas cidades".

Ademais, a alcaldesa reafirmou o seu compromiso por seguir facendo da Coruña unha cidade máis amigable e humana. "No Concello temos un compromiso firme por recuperar espazos peonís para a cidadanía e abrir á cidade aos vehículos non motorizados. Gañemos, pois, máis saúde", sinalou. Neste contexto enmárcanse accións recentes como a reurbanización da rúa Rafael Bárez, no barrio do Castrillón; as obras para o ensanchamento de beirarrúas na rúa Cabana, en Catro Camiños; e os traballos de reurbanización, xa en marcha, na contorna do cruzamento da avenida de Arteixo e a rolda de Nelle, xa soterrado o antigo viaduto e recuperada unha antiga conexión entre os barrios da Sagrada Familia e Os Mallos.

Adxúntase, a continuación, a lista das pequenas e pequenos premiados na sétima edición do Concurso Escolar 'Ahora vamos andando al cole':

  • CEIP Sagrada Familia

    • Inés Saavedra González (11 anos). Debuxo: Si hay accidentes, no hay salud.

  • CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cerviño

    • Lucía Seoane Peleteiro (10 anos). Debuxo: Un mundo de convivencia.

  • CEIP Sal Lence

    • Antonio Sánchez Poupar (7 anos). Carta: Querida Tierra.

  • CEIP Zalaeta

    • Alejandra Patiño Mosquera (10 anos). Debuxo: Non máis lixo.

  • CEIP Manuel Murguía

    • Paula Rodríguez Nóbrega (11 anos). Carta: Queridos mamá y papá, usamos demasiado el coche.

  • CEIP Plurilingüe Alborada

    • Antía Carballo Blanco (8 anos). Debuxo: Todos respetamos as sinais.

  • CEIP de Prácticas

    • Daniel Boedo Riveiro (8 anos). Carta: Gustaríame ensinarvos a intentar non contaminar demasiado.

  • Colegio Santo Domingo

    • Isaac Castro García (9 anos). Debuxo: Con la bici ganamos todos.

  • CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez

    • Julia Domínguez Rodríguez (8 anos). Carta: Querida alcaldesa.

  • CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

    • Hoaila Pérez Calvo (10 anos). Debuxo: Respeto na cidade.

  • CEIP Plurilingüe Concepción Arenal

    • Gael de la Iglesia Miranda (10 anos). Carta: Querido/a compañero/a, mi primera vez yendo solo a mi colegio.

  • Colegio Hogar de Santa Margarita

    • Paula Rodil Alvarado (11 anos). Debuxo: Cada uno en su carril.

  • CEIP Novo Mesoiro

    • Circe Oliveira González (9 anos). Carta: Querido conductor.

  • CEIP Juan Fernández Latorre

    • Hugo Gentil Rey (8 anos). Debuxo: Al cole, mejor andando.

  • CEIP Anxo da Garda

    • Antonella García Wallace (8 anos). Carta: Querido condutor, teñamos unha convivencia responsable.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión