Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de novembro de 2020

Mañá partirá de Alvedro o primeiro dos 20 voos semanais a Madrid acordados coa Cámara de Comercio

O presidente do Consorcio de Turismo, Juan Ignacio Borrego, asinou o convenio de colaboración entre o Consorcio de Turismo e a Cámara de Comercio para unha experiencia piloto desde A Coruña e durante tres meses, que implicará o aumento da conectividade aérea con Madrid nun 50%

Mañá ás 6.30 h engalará de Alvedro o primeiro dos 20 voos semanais a Madrid grazas ao convenio de colaboración que o presidente do Consorcio de Turismo e tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, asinou esta mañá coa Cámara de Comercio da Coruña. Este acordo, que realizará durante tres meses unha experiencia piloto desde A Coruña para reactivar a demanda, implicará o aumento da conectividade aérea con Madrid nun 50% e daralles a posibilidade ás e aos coruñeses de iren e volveren á capital do Estado no mesmo día e varias veces por semana.

Borrego asegurou que "poucas cidades no mundo poden anunciar hoxe que aumenta nun 50% as operacións aéreas co seu principal hub, no noso caso é Madrid" e sinalou que, desde esta noite, e "durante tres días á semana teremos avións durmindo na nosa cidade, de Iberia e con base en Alvedro, que voarán cara a Madrid á primeira hora da mañá". O titular de Turismo indicou que "este proxecto pioneiro supón unha conexión moi operativa e dinámica para as necesidades das viaxes de negocios e de traballo". Borrego asegurou que este é un dos primeiros pasos do Goberno de Inés Rey, xunto ás licitacións de Madrid e Bilbao, para recuperar o aeródromo: "Agardamos recobrar o crecemento de Alvedro na primavera do ano que vén e que a súa situación siga sendo a dun dos aeroportos que máis medran en España".

No acto, que tivo lugar na sede da Cámara de Comercio da Coruña, tamén participaron o presidente da dita entidade, Antonio Couceiro, o seu director xeral, Gonzalo Ortiz, e o director de vendas de Iberia, Víctor Moneo.

Neste acordo de colaboración, o Consorcio de Turismo achega 150.000 euros, dos 200.000 euros totais do convenio, e a aeroliña Iberia valora o seu risco en 500.000 euros. O proxecto piloto activarase o 17 de novembro e rematará o 17 de febreiro. A viabilidade deste proxecto piloto suporíalles un aforro de custos ás empresas e negocios con sede na Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión