Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de marzo de 2020

Medio Ambiente establece un mapa de aseos para o persoal que traballa estes días na rúa

Na actualidade hai 43 baños públicos, aos que a concellería suma catro máis en Novo Mesoiro, Praza da Tolerancia e nas avenidas Fisterra e Pablo Picasso co fin de que os corpos de seguridade, voluntariado, condutoras/es de autobús, taxistas e as/os profesionais de servizos básicos teñan cobertura en todos os barrios da cidade

Desde principios da semana pasada, o cadro de persoal técnico da Concellería de Medio Ambiente estuda aquelas continxencias necesarias por mor do coronavirus que afecten aos servizos esenciais que dependen dela (tratamento de residuos, recollida de lixo, limpeza, auga, depuradora, etc), pero tamén a outros departamentos. Deste xeito, estableceuse un protocolo de desinfección de edificios públicos que xa se iniciou no Centro Cívico de Feáns e que se lle está dando continuidade noutras instalacións deportivas, educativas e sociais, así como se asinaron protocolos para as empresas concesionarias de servizos esenciais co fin de garantilos. Esta planificación incluiu xa no seu momento o mantemento da apertura de aseos públicos para daren servizo a todos aquelas persoas que traballan na rúa: Corpos de Seguridade do Estado, Policía Municipal, persoal de Protección Civil, voluntariado, condutores de autobuses, taxistas, etc.

Na actualidade, hai 43 aseos públicos distribuídos por toda a cidade, aos que a concellería suma catro novos situados en Novo Mesoiro, Praza da Tolerancia, Avenida de Fisterra/Tornos e Avenida de Pablo Picasso/Elviña. Están localizados estratexicamente preto das paradas de taxis e das liñas de bus urbano.

Por outro lado e para dar resposta as suxestións da persoa representante do Comité de Tranvías, instalaranse cinco váteres nas cabeceiras de liña dos autobuses que están en Durmideiras, Os Rosais, Praza Pontevedra, mercado de Monte Alto e Abente y Lago.

Ademais, solicitouse ás firmas concesionarias de 24 aparcadoiros públicos que permitan o acceso aos seus aseos de todo este persoal. As/os técnicos de Medio Ambiente examinaron a situación xeográfica dos actuais baños e dos aparcadoiros para que non quede ningunha zona sin servizo.

Respecto das traballadoras/es da limpeza, o colectivo ten a súa disposición desde sempre sete "cuartelillos" nos barrios de Montealto, Orzán, Sagrada Familia, Labañou, Os Castros, Palavea e Santa Margarida, onde poden cambiarse, asearse e realizar as súas necesidades fisiolóxicas, unha cuestión que reforzou a empresa Cespa cun coche para o posible traslado de calquera profesional en caso de que a urxencia así o requerise.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión