Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de maio de 2020

O concello abre o prazo de inscrición de 75 cursos en liña e de balde para potenciar a dixitalización

Estas formacións abertas, que serán integramente dixitais, potenciarán a dixitalización de 500 persoas residentes no municipio e axudarán a combater consecuencias do coronavirus como o desemprego ou a falta de formación presencial

O concello, a través da Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, presenta unha iniciativa de formación en liña para 500 persoas residentes no municipio da Coruña de forma totalmente gratuíta. Segundo a concelleira Eva Acón, "a situación actual na que nos atopamos propicia que se deba enfrontar unha nova realidade e que a formación en liña pase a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos. Desde os nosos fogares, podemos continuar ampliando coñecementos sen necesidades de acudir a un centro de formación".

O Goberno local quere facer fronte ás consecuencias xeradas pola Covid-19, cunha batería de 75 cursos en liña de 19 categorías profesionais cun total de 500 prazas abertas. O prazo de inscrición comezará o luns 18 de maio ás 10.00 h e finalizará cando se esgoten as prazas dispoñibles. É unha medida deseñada para persoas en desemprego, en situación de  ERTE,   profesionais que cesaron na actividade ou persoas traballadoras que queiran mellorar o seu emprego. Os requisitos para realizar esta formación integramente dixital son ser maior de 16 anos e estar empadroado/a no Concello da Coruña.

Cada persoa poderá seleccionar un curso de calquera das áreas de especialización: idiomas (inglés ou francés), ofimática, turismo, márketing, sanidade, loxística e ata 19 áreas distintas de especialidade. En todos os cursos se formará sobre competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual. Estas formacións estarán dispoñibles desde a súa inscrición nun prazo de 3 meses cunha forma integramente en liña e accesible na modalidade 24/7.

Toda a información sobre esta formación e as súas particularidades pódense consultar de forma detallada en www.coruna.gal/emprego a partir do luns 18 de maio ás 10.00 h, momento no que se abrirá o prazo de inscrición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión