Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

30 de marzo de 2020

O concello alenta a cidadanía a que quede na casa cunha campaña de frases coruñesas e populares

A iniciativa, que se difundirá polas redes, na radio e na prensa, abandeira o hashtag #CoruñaQuedaNaCasa para recoller frases populares adaptadas a este tempo de confinamento como “Quen teña honra, que quede na casa” ou “Quedo, que teño que quedar”

O concello lanza a campaña #CoruñaQuedaNaCasa para concienciar a veciñanza coruñesa da necesidade de cumprir as indicacións das autoridades e frear así o número de contaxios de coronavirus. Deste xeito, trasládase unha mensaxe que apela á responsabilidade pero tamén á esperanza, e faise desde unha óptica coruñesa con frases ou ditos coñecidos pola cidadanía dirixidos a diferentes perfís de idade.

Desde o coñecido berro de María Pita transformado para a ocasión en "Quen teña honra, que quede na casa", a unha frase en "koruño" como é a de "Achanta neno, queda no kel", a iniciativa recolle tamén outras expresións populares galegas adaptadas a este tempo de confinamento como "Quedo, que teño que quedar" ou refráns como "Nunca choveu que non escampara". Tampouco faltan referencias ao deporte coa frase "Este partido xogámolo na nosa casa" e pídese "Sentidiño".

Cada unha das misivas acompáñase do logotipo que serve de imaxe á campaña e que consiste no lema #CoruñaQuedaNaCasa envolta polo perfil da Torre de Hércules. O faro, símbolo da Coruña, exerce aquí de "fogar" que acolle a veciñanza coruñesa rodeándoa. De xeito implícito, xógase tamén co facho de esperanza que é a luz da Torre que ilumina a cidade cara ao futuro con ilusión.

A campaña consta de diferentes pezas que conteñen as mensaxes antes descritas: cuñas de radio, creatividades pensadas para a prensa en papel e dixital, e un vídeo para que se difunda nas redes sociais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión