Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de setembro de 2022

O Concello da Coruña, primeira administración galega que forma parte da Rede Nacional de Centros de Ciberseguridade

O Goberno municipal traballa na mellora das medidas de seguridade da información, en prol da protección dos servizos telemáticos que lle ofrece á cidadanía

O Concello da Coruña integrouse estes días na Rede Nacional de SOC (Centros de Ciberseguridade), a través do Centro Criptolóxico Nacional. Trátase da primeira administración pública galega que forma parte desta rede e o cuarto municipio de España en facelo. 

O Concello da Coruña leva tempo traballando na mellora das medidas de seguridade da información, e en prol da protección dos servizos telemáticos que lle ofrece á cidadanía. Despois de poñer en marcha o Centro de Seguridade da Información do Concello en maio deste ano, acaba de adherirse á Rede Nacional de Centros de Operacións de Ciberseguridade. O obxectivo do Goberno de Inés Rey é reducir o risco de sufrir ciberataques, previr e detectar posibles ameazas e poder responder de maneira eficaz e áxil e elas.

A Rede Nacional de Centros de Operacións de Ciberseguridade é unha iniciativa impulsada polo Centro Criptolóxico Nacional (CCN-CERT) para integrar e coordinar os Centros de Operacións de Ciberseguridade (SOC polas súas siglas en inglés) do sector público. O seu fin último é articular a colaboración e o intercambio de información áxil e efectivo entre todos os SOC das distintas administracións públicas para mellorar, desta forma, as capacidades nacionais de defensa, detección e resposta a posibles ciberincidentes. A Rede Nacional de SOC, ademais de coordinar o intercambio de información entre os SOC nacionais, actúa como nexo de unión entre os diferentes SOC europeos. O despregamento desta Rede nace como reposta á Estratexia de Ciberseguridade para a Década Dixital da UE (2020).

O Concello da Coruña é o primeiro concello de Galicia en conseguir incorporarse a esta rede e o cuarto no conxunto de España. Para iso foi clave a constitución do Centro de Seguridade da Información do Concello, e a implantación de solucións e ferramentas, tanto de prevención e detección, como de resposta a incidentes. O Concello contou para a posta en funcionamento deste servizo con financiamento estatal a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que achegou un total de 921.112 euros, cantidade, explica o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, que está a facilitar a implementación de medidas de dixitalización na xestión municipal, facilitando os trámites aos cidadáns e facilitando o traballo aos empregados públicos. 

Lage -responsable da área de Innovación- recordou que durante o actual mandato instaurose un sistema de cita previa que facilita a relación coa Administracións, e mellorouse a web municipal, a través da cal é posible realizar xa ata 85 trámites, entre outras melloras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión