Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de outubro de 2020

O concello finaliza os traballos de impermeabilización da Escola Infantil Municipal Carricanta

As obras forman parte do programa de mantemento das escolas municipais que se leva a cabo para garantir que as clases se desenvolvan en óptimas condicións

O concelleiro de Educación, Jesús  Celemín, visitou esta mañá a Escola Infantil Municipal Carricanta, no Castrillón, para supervisar o fin dos traballos de impermeabilización das terrazas e patios que o concello realizou no centro. Segundo o concelleiro, as obras forman parte do programa de mantemento das escolas municipais que o concello leva a cabo para garantir que as clases se desenvolvan en óptimas condicións na aposta do Goberno de Inés Rey pola educación e a mellora permanente das instalacións municipais.

Os traballos, que contaron cun orzamento de 30.099 euros, serviron para emendar os danos ocasionados por filtración de auga nos chans das aulas 1 a 5, provocados pola falta de impermeabilización das terrazas exteriores, no vestíbulo e o patio exterior, onde se retiraron as xardineiras e se substituíu o pavimento. 

Co fin de evitar a continua deterioración do pavimento interior das aulas 1 a 5 do centro, impermeabilizáronse os forxados que forman as terrazas e patios exteriores, polos cales se filtraba a humidade cara ao interior das estancias do edificio. O resto de actuacións, substitución do pavimento do vestíbulo e do patio exterior, forman parte dos traballos de mantemento e adecuación do centro. Tamén se cambiaron as escaleiras de madeira que dan acceso á terraza exterior da aula 4. Para realizar as obras de impermeabilización nas terrazas retiráronse as varandas de madeira e as lousas de caucho.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión