Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

31 de agosto de 2020

O Concello impulsa o programa online “Tendas a Exame”, dirixido ao comercio local da cidade

O Concello da Coruña, a través do Departamento de Promoción Económica e Comercio, impulsa o programa gratuíto e en liña “Tendas a Exame”, en apoio ao comercio local e co obxectivo de lles proporcionar coñecementos sobre ferramentas dixitais para mellorar a visibilidade dos seus negocios.

O Concello da Coruña, a través do Departamento de Promoción Económica e Comercio, impulsa o programa gratuíto e en liña "Tendas a Exame", en apoio ao comercio local e co obxectivo de lles proporcionar coñecementos sobre ferramentas dixitais para mellorar a visibilidade dos seus negocios.

A iniciativa enmárcase dentro da estratexia municipal para impulsar e dinamizar o comercio de proximidade, que anterioremente xa realizou seis programas por diferentes barrios da cidade dirixidos a mellorar os negocios en distintos ámbitos a través dun servizo de consultoría.

Nesta ocasión o programa "Tendas a Exame" dá un salto ao ámbito dixital, tanto nos seus contidos como no sistema de consultoría, para facilitar que as persoas propietarias dos comercios coñezan ferramentas dixitais que poidan implementar nos seus negocios de forma sinxela, co obxectivo de chegar a máis clientela e mellorar a súa visibilidade na rede. Este cambio permitirá que poida participar calquera comercio de proximidade da cidade que teña establecemento aberto ao público, independentemente da zona na que se atope.

Nunha primeira fase do programa realizarase unha análise e diagnóstico dos comercios no ámbito dixital, para lles propoñer seguidamente estratexias e accións adecuadas que melloren a súa visibilidade en liña. Levarán a cabo consultorías personalizadas de marketing en liña, comercio electrónico, posicionamento SEO, email marketing e "social selling" entre outras temáticas, sempre buscando aquelas que mellor encaixen cos diferentes negocios participantes.

Os establecementos interesados poderán inscribirse no programa ata o próximo 15 de setembro. E entre eles seleccionarase os 45 comercios que participarán.

Máis información: tendasaexameonline@gmail.com

Inscricións: https://www.coruna.gal/comercio/ 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión