Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de agosto de 2021

O Concello inicia unha nova edición do programa de actividades socioculturais nos centros cívicos municipais

O prazo de preinscrición para a modalidade presencial destes cursos será os días 2, 3 e 4 de setembro. A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, lembra que o Goberno de Inés Rey ten por obxectivo reforzar o labor da rede municipal de centros cívicos, que “é de vital importancia para as persoas dos diferentes barrios da cidade”.

O Concello da Coruña retoma as actividades socioculturais dos centros cívicos municipais nas modalidades presencial e en liña dirixidas a todos os sectores da poboación. As actividades presenciais comezarán o 4 de outubro nos correspondentes centros cívicos e impartiranse en grupos de 10 persoas máximo e 1 monitor. Nalgunhas destas, e para cumprir a distancia interpersoal de seguridade, os grupos serán máis reducidos. As sesións serán dunha duración de unha hora e media un día á semana, agás as actividades de apoio escolar, que se impartirán dúas veces por semana.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, lembra que o Goberno de Inés Rey ten por obxectivo reforzar o labor da rede municipal de centros cívicos, que "é de vital importancia para as persoas dos diferentes barrios da cidade". Estes edificios públicos, apunta, son o epicentro das relacións interpersoais de moitas e moitos veciños e retomar a súa programación é esencial para o seu día a día.

As persoas interesadas poderán preinscribirse os días 2, 3 e 4 de setembro cubrindo o formulario en liña que atoparán na web de Servizos Sociais. Aquelas persoas que non teñan ordenador ou acceso a Internet, poderán preinscribirse chamando ao número de teléfono 881 150 191 en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Cada persoa poderá preinscribirse nun máximo de 3 actividades por centro e de 3 clubes tamén por centro, por orde de preferencia. A cota de todas actividades será de 7 euros, agás para os clubes e as actividades de apoio escolar, cultura xeral e alfabetización, que serán gratuítas. A relación das actividades dispoñibles e horarios pode consultarse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3yebcNL

O 8 de setembro publicaranse as listaxes de preinscritas/os na páxina web municipal, nas portas dos centros cívicos e tamén informarán ao respecto no 010. O 9 de setembro realizaranse os correspondentes sorteos en cada centro cívico ás 10.00 h. e o día 21 sairán publicadas a listaxes provisionais e de espera. O prazo para presentar reclamacións serán os días 22 e 23 de setembro a través do 010 en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 18.00 horas. O prazo para a inscrición e o pagamento de taxas serán os días 24, 27 e 28 de setembro recollendo a folla de autoliquidación no centro correspondente e, unha vez aboada e selada pola entidade bancaria, deberase presentar de volta no mesmo centro cívico.

A modalidade de actividades socioculturais en liña será a través da canle de Youtube Coruña Acompaña (https://bit.ly/2M4TZDX) e non necesitan inscrición. Comezarán o 27 de setembro e rematarán o 5 de decembro. As actividades dispoñibles en liña son:

-           Pilates

-           Ioga

-           Taichí

-           Ximnasia cardio

-           GAP

-           Ximnasia de mantemento suave

-           Fortalece a túa mente

-           Sketching / inspiración creativa

-           Traballos manuais

-           Dance workout

-           Abelorios e complementos

-           Lettering

-           Aprende inglés

-           Animación en Stop Motion

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión