Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de novembro de 2020

O Concello logra investir máis de dez millóns de euros da Eidus nos últimos once meses

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, destacou este dato na reunión de constitución do Grupo de Acción e Participación Urbana que tivo lugar esta tarde no pazo municipal

O Concello da Coruña logra investir nos últimos once meses máis de dez millóns de euros da Estratexia EidusCoruña para mellorar a cidade en diferentes aspectos. Lembra que ante a baixa execución até febreiro de 2020, o actual Goberno local tivo que darlle prioridade os investimentos cofinanciados pola Unión Europea co fin de poñer estas actuacións en marcha e non correr o risco de perdelas.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoa Neira, destacou este dato na reunión de constitución do Grupo de Acción e Participación Urbana (GAU) que acolleu esta tarde o Salón de Plenos do pazo municipal, e no que tamén participaron Juan Díaz Villoslada, director da Unidade de Execución, e Santiago Roura, director da Unidade de Xestión de EidusCoruña,  así como representantes da UDC, polígono de A Grela e Pocomaco, federacións e asociacións de veciños/as, sindicatos, Autoridade Portuaria, Anpas e da área sanitaria.

Ademais desta contía que o Goberno local investiu e investirá ata o remate de 2020, cabe destacar que a comezos de 2021 licitarase a obra de mellora do Paseo marítimo, cun orzamento de 2,14 millóns de euros, actuacións medioambientais en A Grela, por valor de 960.000 euros, melloras enerxéticas en edificios públicos, por valor de 768.000 euros, e a creación do Centro de Acollida de Baixa Esixencia, por 523.000 euros.

O GAU é o órgano de consulta, participación e coordinación social da Estratexia EidusCoruña, que preside a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira. A súa creación acordouse na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do pasado 15 de xullo de 2020.

As funcións operativas do GAU son, entre outras, participar na realización dos informes de avaliación intermedia e final da Estratexia EidusCoruña e intervir na realización dos procesos de auditoría externa e interna que se levarán a cabo na implementación desta estratexia. Yoya Neira salientou ademais a función do GAU no proceso de "velar polo cumprimento dos principios transversais, especialmente a igualdade de oportunidades, ao longo da execución da estratexia".

En materia de igualdade de oportunidades, este órgano de nova creación poñerá en marcha un procedemento de avaliación específico que finalizará coa elaboración dun informe do impacto da Estratexia integral EidusCoruña sobre a integración laboral, a educación, a formación profesional, a capacidade empresarial das mulleres e a conciliación da vida laboral e profesional. Estes informes de impacto de xénero teñen carácter preceptivo, xa que así os define a normativa europea, a estatal e a propia Instrución para a transversalidade de xénero do Concello da Coruña.

Por outra parte, o GAU pon a disposición da cidadanía, tanto de forma presencial como a través de medios de comunicación, web, redes sociais, eventos etc. os avances da EidusCoruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión