Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

1 de decembro de 2020

O Concello reabre ao tráfico a rúa Santa Catalina tras mellorar o pavimento e duplicar o espazo nas beirarrúas

O concelleiro Juan Díaz Villoslada aseguroulle á Asociación Zona Comercial Obelisco que, tal e como apuntou a alcaldesa Inés Rey, estas obras “rematarán antes do Nadal se as condicións meteorolóxicas o permiten e que non se intervirá nas beirarrúas co fin de minimizar o impacto sobre os comercios da zona”

Este xoves o Concello reabrirá ao tráfico a rúa Santa Catalina, despois de rematar as obras de execución dun colector de pluviais e de mellorar a pavimentación da calzada e dos espazos peonís duplicando a anchura das beirarrúas existentes na devandita vía, seguindo o Plan Especial da Cidade Vella.

Desde Infraestruturas e Mobilidade informaron esta mañá á Asociación Zona Comercial Obelisco da reapertura de Santa Catalina e da continuación das obras de mellora na rede de pluviais no seguinte tramo, na rúa San Andrés até a rúa Nova. Estas obras afectarán tanto ao carril de circulación de sentido praza de España coma nas zonas de estacionamento.

O concelleiro Juan Díaz Villoslada aseguroulle á asociación de comerciantes que, tal e como apuntou a alcaldesa Inés Rey, "as obras rematarán antes do Nadal se as condicións meteorolóxicas o permiten e que non se intervirá nas beirarrúas co fin de minimizar o impacto sobre os comercios da zona". Ademais, "as actuacións realizaranse por fases de 25 metros e non se abrirán novos tramos sen que os anteriores estean pechados". Ademais, destacou Villoslada, "terase especial coidado en que afecten o menos posible á afluencia de xente nos sábados peonís".

Desde a concellería tamén informaron de que, aproveitando a realización das obras, modificarase o percorrido do autobús urbano para recuperar a parada de bus da Igrexa Castrense e o xiro da rúa Alta realizarase na rúa Sol, co fin de achegar o transporte público á zona comercial da contorna de San Agustín.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión