Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de outubro de 2020

O concello recibe as xogadoras de Viaxes Amarelle FSF tras o seu ascenso a primeira división

A alcaldesa, Inés Rey, destaca a singularidade dun club que fixo historia no deporte feminino ao rachar estereotipos “cando o fútbol era un terreo practicamente vetado para as mulleres”

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiron esta tarde as xogadoras de Viaxes Amarelle FSF, logo de ascenderen á primeira división, nun acto que tamén presidiu Carlos Rodríguez, coordinador das categorías base e membro da xunta directiva. A rexedora recordou a singularidade dun club que fixo historia no deporte feminino galego e coruñés ao rachar estereotipos desde finais dos anos 90 cando o fútbol era un terreo practicamente vetado para as mulleres. Rey apuntou que este logro do Amarelle coincide en medio dun proceso normalizador "tan necesario como alentador", que non é casualidade. "É unha resposta da sociedade ao voso entusiasmo. O potencial que tedes rompe barreiras que hai tempo que tiñan que estar derrubadas".

Rey lembroulles que hai homes que si respectan, valoran e confían nas mulleres no ámbito deportivo, como Severino Amarelle, fundador do equipo, e asegurou que "a primeira de fútbol sala feminino gaña estando vós aí no alto da competición, xa non só pola calidade do equipo, senón por todos eses valores que transmitides ao coidardes tanto a vosa canteira. Nacestes con esa vocación de formar e seguides tendo claro que o futuro pasa por continuar sendo unha gran familia". 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión