Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

4 de abril de 2020

O servizo de atención cidadá do 010 atendeu 22.515 chamadas desde a declaración do estado de alarma

O concello mellora o sistema de xestión dixital facilitándolle aos veciños o acceso a máis de 60 trámites a través da web municipal

O servizo de atención cidadá do 010 atendeu 22.515 chamadas de veciños desde a declaración do estado de alarma. O pasado mes de marzo o 010 atendeu en total 35.356 chamadas de veciños, o que supón un incremento de cerca de 4.100 con respecto ao mesmo período do ano anterior.  Só nos tres primeiros días de abril suman outras 3.565 chamadas atendidas, a unha media de máis de un milleiro por día.

Moitas das consultas realizadas polos cidadáns están directamente relacionadas coa situación creada pola pandemia do coronavirus. Entre os temas sobre os que os veciños solicitan información figuran os desprazamentos permitidos durante o confinamento, preguntas sobre recursos de emerxencia social, talón restaurante, solicitudes de menús para recoller vinculados ás becas comedor, consultas sobre os estabelecementos que poden ou non abrir, o novo calendario fiscal, o dispositivo de aloxamento de persoas sen fogar, doazón de mascarillas e material sanitario, horarios do transporte público, cancelación de espectáculos e funcionamento da zona ORA, ademáis de consultas sobre as medidas postas en marcha polo Goberno central para facilitar os pagos de alugueres e hipotecas. "A atención cidadá nestes días a través do 010 é vital para axudar á poboación a resolver dúbidas, informarse dos servizos dispostos polo Concello e atender posibles incidencias ou situacións de vulnerabilidade", indica o concelleiro de Economía, Facenda e Réxima Interior, José Manuel Lage Tuñas.

Para facer fronte a situación creada, a concellería movilizou a todos os traballadores do 010, que mesmo prestan servizo os domingos e festivos. De luns a venres o horario de atención vai das 08:00 horas ás 20:00 horas. Os sábados, domingos e festivos aténdese desde a declaración do estado de alarma de 09:00 a 20:00 horas. O teléfono tamén estará dispoñible durante os festivos da Semana Santa. O 010 atende  todas as chamadas que recibe, pero desde a concellería aconsellan aos cidadáns que precisen facer algunha consulta que accedan a ese servizo desde o 981 920 010 cando se comuniquen desde un teléfono móvil para evitar esperas. "O persoal de atención cidadá e do 010 están facendo un gran traballo, afrontando situación delicadas e de gran tensión", di Lage Tuñas.

Ademais, o Concello está a informar sobre todas as actuacións municipais vinculadas ao Covid-19 desde a súa páxina web, onde ten habilitada un apartado específico para consultar todos os decretos, resolución e medidas tomadas desde a entrada en vigor do estado de alarma. Entre o 16 e o 31 de marzo a web municipal recibiu 211.131 visitas.

Por outra banda, a Concellería de Economía, Facenda e Réxime Interior realizou melloras nos sistemas de acceso á web municipal para facilitar os trámites aos cidadáns. Así, o Concello permite agora realizar máis de 60 trámites distintos con sistemas de identificación alternativos ao certificado dixital. Ao longo do mes de marzo cursáronse 1.544 solicitudes por vía telemática, fronte as 973 que se contabilizaron no mesmo mes do ano 2018. O goberno local busca deste xeito facilitarlle os trámites a todos os veciños nun momento especialmente complexo pola situación de confinamento. "Estamos a facer todo o posible para facilitarlle as cousas aos cidadáns nestes difíciles momentos", indicou Lage Tuñas, quen destacou o traballo que está a facer a área de Informática do Concello con ese obxectivo, coordinándose cos distintos servizos municipais para permitir o  teletraballo a centos de empregados e garantir así a continuidade da actividade pública.

O Concello mantén a súa actividade fóra tamén dos servicios esenciais que presta de modo presencial. Así, máis de 450 traballadores municipais conéctanse a diario de xeito remoto á plataforma dixital do Concello da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión