Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de febreiro de 2020

Rey destaca o valor estratéxico que supón para a cidade a presenza de Coca-Cola

A alcaldesa visitou esta mañá a planta xunto ás concelleiras de Industria e Medio Ambiente, Eva Martínez e Esther Fontán, onde coñeceron a situación actual do mercado, o proceso produtivo e o compromiso medioambiental da planta

A alcaldesa, Inés Rey, e as concelleiras de Industria e Medio Ambiente, Eva Martínez e Esther Fontán, visitaron esta mañá a fábrica de Coca-Cola European Partners (CCEP) Iberia en Alfonso Molina, acompañadas de Juan Carballal, xerente da planta da Coruña; Gonzalo Márquez, xerente de Comunicación; María Sande, xefa de Comunicación da Rexión Noroeste; e Isidro Dorado, xerente comercial da Rexión Noroeste.

No encontro, as representantes do concello coñeceron os principais datos da compañía, a situación actual do mercado de hostalaría na rexión, así como o proceso produtivo e o compromiso medioambiental da planta. Rey destacou que a presenza de Coca-Cola na Coruña, ademais de supoñer unha canle de emprego desde hai case 60 anos, dálle un valor estratéxico ao sector, directa e indirectamente. A rexedora valorou positivamente as medidas que se están tomando por parte da firma de cara a conservar a súa contorna xa que "as grandes empresas deben ser un exemplo para que as pequenas loiten tamén a prol da sustentabilidade".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión