Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de xuño de 2020

Rey destaca que o estadio de Riazor forma parte da nosa identidade

A alcaldesa inaugurou a mostra “Riazor 75: Recordos dun océano de soños” no Quiosco Alfonso, en que se percorre a historia do campo e todos os trunfos e curiosidades que se deron nel desde 1.944

A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou esta mañá xunto co presidente do Real Club Deportivo de La Coruña, Fernando Vidal, a mostra "Riazor 75: Recordos dun océano de soños", no Quiosco Alfonso, en que se poderá desfrutar até o 2 de agosto dun percorrido pola historia do estadio con todas as curiosidades e fitos históricos que concentrou ao longo destes 75 anos.

A rexedora sinalou que Riazor é un dos emblemas da cidade coa Torre de Maratón nun dos seus fondos: "Somos moi de torres, temos a de Hércules e a de Maratón" e destacou que a cita permitirá ás e aos coruñeses coñecer as súas orixes con aquel primeiro partido en 1944, en que o Deportivo se enfrentou ao Valencia, así como todo o que veu despois e que fixo que hoxe en día, "o estadio forme parte da nosa identidade". Rey lembrou que sobre o seu céspede se deron moitos trunfos e alegrías para a cidade e está segura de que "voltaremos porque somos un equipo de primeira".

A exposición, que organizan a Fundación R.C. Deportivo e o concello, parte de 75 partidos protagonizados polo conxunto branquiazul no recinto municipal para tocar tamén outro tipo de competicións que se organizaron como os partidos de seleccións, os torneos de verán ou a Copa do Mundo do 1982. Son preto de 90 obxectos, entre camisetas, trofeos, entradas ou bandeirolas, así como 70 fotografías e 6 ilustracións de gran formato. Ademais, instaláronse varias pantallas con vídeos de choques e eventos importantes que tiveron lugar en Riazor, xunto a planos xerais ou aéreos e planos das diferentes obras que se acometeron. Unha delas reproducirá unha animación 3D inédita en que se poderá observar a evolución do estadio desde 1939 até a actualidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión