Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

20 de marzo de 2020

Villoslada recorda que o concello non pode paralizar as obras públicas nin privadas

O concelleiro de Mobilidade sinalou que son as empresas as que deciden se continúan ou non cos traballos cumprindo, en caso afirmativo, coas normas de seguridade e hixiene que o Goberno central decretou durante o estado de alarma

O concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, anunciou esta mañá que non se autorizará ningunha obra pública máis durante o estado de alarma e que, no caso das que están en marcha, a Administración local, segundo os artigos 33 e 34 do Real decreto do 14 de marzo, non ten potestade para as paralizar. A empresa adxudicataria é a que ditamina se continúa ou non prestando o servizo ata a finalización dos traballos.

De seguir adiante, deberá adoptar as medidas de seguridade e hixiene para poder executalas, medidas que, por outra parte, deberá comunicarlle ao Goberno local. Deste xeito, as catro actuacións públicas que están activas nestes momentos levaranse a cabo segundo o que decidiron as operarias correspondentes: "Desde o concello podemos recomendarlles cuestións como a xornada continua para evitar que as/os empregadas/os se xunten á hora de comer".  

Esta norma esténdese tamén ás obras de carácter privado, sobre as que o concello non ten competencia ningunha, máis que a de corroborar, a través da Policía Local, que a empresa está cumprindo no referente á seguridade e hixiene: "De non ser así, redactamos unha acta de sanción que trasladamos ao Ministerio do Interior".

Canto aos labores de xardinería, os servizos que se realizan estes días responden a unha cuestión de saúde pública, xa que o decreto recolle certos traballos como "esenciais"  para evitar focos de insalubridade e a proliferación de animais ou residuos que poden constituír unha ameaza para a cidadanía.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión