Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

55 resultados

  • minuto silencio

    A Corporación municipal garda un minuto de silencio polas vítimas da COVID-19

    Cando:

    O 27 de mai de 2020

    A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que a cidade está recuperando a súa actividade, pero “o risco de contaxio segue e cómpre extremar as precaucións e as medidas de hixiene e seguridade”

  • Carril específico para correr no Paseo Marítimo

    Inés Rey anuncia que o Concello habilitará un carril específico para correr sobre as vías do tranvía

    Cando:

    O 22 de mai de 2020

    A nova senda, que irá desde Os Surfistas ata As Escravas, instalarase a próxima semana co fin de desconxestionar o Paseo Marítimo e o carril bici

  • inés policía

    Rey eloxia o grande esforzo da Policía Local durante o estado de alarma

    Cando:

    O 21 de mai de 2020

    A alcaldesa da Coruña agradeceulles en persoa o seu inmenso labor por controlar a cidade e velar pola seguridade das e dos coruñeses nesta pandemia

  • estación buses

    A Estación de Autobuses reabre ao público este luns

    Cando:

    O 15 de mai de 2020

    Os cemiterios municipais recuperan o seu horario habitual, das 9.00 ás 18.00 h; a Área de Mobilidade reinicia o servizo de atención ás persoas usuarias da Tarxeta Millennium; e as oficinas municipais de atención presencial retoman a actividade con cita previa a través da web

  • O Concello poñerá en marcha o PRESCO ao día seguinte da aprobación do modificativo, evitando así un mes máis de tramitación

    O Concello poñerá en marcha o PRESCO ao día seguinte da aprobación do modificativo, evitando así un mes máis de tramitación

    Cando:

    O 14 de mai de 2020

    Recorrerá ao artigo 175 da Lei de Facendas Locais na tramitación do Modificativo do Orzamento para aprobar o PRESCO (Plan Reactivación Económica e Social da Coruña). Esta vía posibilitará facer uso dos fondos do modificativo de crédito para poñer en marcha o Plan de Recuperación Económica e Social (PRESCO) ao día seguinte da súa aprobación inicial, evitando así un mes máis de tramitación. A alcaldesa, Inés Rey, aclarou que na sesión que non estivo aberta ao público por motivos de seguridade sanitaria ante a petición do grupo de Marea Atlántica de permitir a entrada a persoal da antiga Alcoa. A alcaldesa recordoulle ao edil da Marea, Alberto Lema, que a decisión foi adoptada por todos os grupos antes do pleno.

  • O Pleno aproba a gratuidade das escolas infantís municipais para o curso próximo

    O Pleno aproba a gratuidade das escolas infantís municipais para o vindeiro curso

    Cando:

    O 14 de mai de 2020

    A Corporación amosou as súas condolencias polas vítimas da COVID-19 e gardou un minuto de silencio tras ler unha declaración institucional en recoñecemento da cidadanía e das e dos profesionais que loitan contra o virus. Inés Rey agradeceulles a todas as forzas políticas a súa lealdade e apoio nun momento tan difícil para o Goberno local. “Estou orgullosa de presidir unha Corporación na que todas e todos vostedes están traballando”. A aprobación do suplemento de crédito para pagar a débeda derivada das expropiacións do Castro de Elviña, “pon punto final a unha situación que lle permite ao Concello liberar fondos do remanente para destinalos ao plan de reactivación económica da cidade, e deixar de pagar uns xuros que se converteran nunha espada de Damocles para as arcas municipais”, segundo o voceiro do Goberno Local, José Manuel Lage.

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión