16 de setembro de 2020
A dirección do centro educativo solicitoulle á Concellería de Educación que acometa estes traballos de desinfección nas instalacións como consecuencia da aparición de dous positivos en COVID-19 no alumnado
O concello desinfectará esta tarde o CEIP Ramón de la Sagra tras confirmarse dous positivos en COVID -19 no alumnado do centro educativo. O propio colexio solicitoulle ao concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, que acometa estes labores de desinfección no centro de ensinanza de Elviña, que se realizarán en coordinación coa Concellería de Medio Ambiente que dirixe Esther Fontán.
A Concellería de Educación respondeu de inmediato a esta petición da dirección do CEIP Ramón de la Sagra, o primeiro centro educativo con casos positivos da COVID -19 na cidade, para evitar que aparezan máis contaxios no alumnado e profesorado. Ambos os concelleiros lembran que este tipo de actuacións deben ser financiadas pola Xunta de Galicia e que non son da súa competencia, aínda que dada a urxencia do caso procederase á devandita desinfección do centro.
Desde hai días a alcaldesa denunciou a improvisación da Xunta á hora de preparar a volta ás aulas nos centros públicos de toda Galicia xa que, asegura, o Goberno de Feijoo está "deixando que todo o peso da volta ás aulas recaia sobre os concellos". Ademais, esíxelle á Consellería de Educación que lles transfira aos concellos os fondos que a Xunta recibiu do Estado para cubrir os gastos educativos derivados da COVID-19 e "podermos asumir deste xeito esas competencias que non son dos concellos". Rey sinala que "necesítanse medios e fondos para poder realizar os labores de desinfección nos centros, que a Xunta está obrigada a facer".
13 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible