Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de setembro de 2020

O Concello e Correos asinan un convenio que lle permitirá á veciñanza pagar tributos en calquera oficina de España

Os tributos municipais poderanse pagar, a través de xiro postal, en calquera das 2.393 oficinas de Correos.

A alcaldesa, Inés Rey, asinou esta tarde un  convenio de colaboración con Correos polo cal se lle facilitará á cidadanía o pagamento, mediante un xiro postal, de débedas tributarias e outras de dereito público xestionadas polo consistorio coruñés. Este novo servizo ás persoas contribuíntes, tras unha breve fase de implantación, entrará en funcionamento a partir da data da sinatura e estará en vigor durante os próximos catro anos. No acto tamén estivo o concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel lage.

Con este convenio, Correos porá ao dispor do Concello da Coruña a súa rede de 2.393 oficinas distribuídas por toda España, en que lle ofrece á cidadanía, entre outros, os servizos de xiro postal, o que lles facilitará o cumprimento das obrigas tributarias que teñan co Concello da Coruña.

Inés Rey explicou que coa sinatura deste convenio o Goberno local dá un paso máis na súa intención de facilitar e axilizar a relación entre a Administración e a veciñanza. O convenio permitiralles ás coruñesas e aos coruñeses pagaren os seus tributos desde calquera punto de España. "O noso obxectivo é lograrmos unha administración máis áxil, fácil e sinxela; máis accesible e próxima á cidadanía", dixo.

Pola súa banda, o presidente de Correos, Juan Manuel Serrano, sinalou que "Correos continúa ofrecéndolles os seus servizos a institucións, administracións e empresas co fin de facilitar a vida das e dos cidadáns e impulsar e desenvolver a actividade da súa rede de oficinas, un activo que lles garante o acceso ao servizo público a todas e a todos e que contribúe á cohesión territorial e ao desenvolvemento económico de persoas e empresas, tanto en ámbitos urbanos como nas zonas rurais de España".

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión