26 de outubro de 2020
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán sinalou que por primeira vez a formación da barreira corresponderalle á nova empresa de limpeza.
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, anunciou esta mañá na praia de Riazor que o concello iniciou os traballos para levantar a duna que se coloca cada ano no areal como barreira de protección nese tramo do Paseo Marítimo. O obxectivo, dixo a concelleira, é minimizar o impacto dos temporais na no tráfico e na circulación peonil nese tramo do paseo.
O servizo municipal utiliza dúas máquinas bulldozer para realizar os traballos, que finalizarán en cinco días sempre que a meteoroloxía o permita. Fontán sinalou que por primeira vez a formación da barreira corresponderalle á nova empresa de limpeza, e incluirá ademais a realización dun estudo co fin de mellorar a súa efectividade. A duna terá unha altura de 2,5 metros de altura, o que lle permitirá á cidadanía seguir contemplando o mar. Desde a liña de paseo até a duna hai unha separación de doce metros e medio.
Fontán lembrou que é habitual que a duna teña que se reconstruír durante a tempada invernal, polo menos nunha ou dúas ocasións. "O mar ten máis forza ca nós, pero o concello está preparado", apuntou.
Este tipo de duna levantouse por vez primeira en 1995 como resposta ao violento temporal que derribou a balaustrada do Paseo Marítimo. O risco de que o mar rebase a duna depende fundamentalmente da altura e dirección da ondada, intensidade e dirección do vento, e dos niveis da preamar. As situacións máis perigosas de subida da auga ao Paseo Marítimo e mesmo ás vías danse cando conflúen mareas vivas con temporais do noroeste, algo que se dá entre unha e tres veces máximo en cada tempada.
Doutra banda, a Concellería de Medio Ambiente estuda reforzar a limpeza e desinfección na contorna dos centros escolares e mercados de abastos ante a crise sanitaria que está a vivir a cidade cun aumento de persoas contaxiadas. Fontán sinalou que os traballos de limpeza son exhaustivos en toda a cidade e pediulle á veciñanza colaboración nas tarefas de mantemento.
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible