19 de febreiro de 2021
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que a nova senda se habilitará no tramo comprendido entre a avenida do Exército e Peruleiro, en ambos os sentidos da circulación, e comezará a ser pintada previsiblemente o vindeiro luns
A alcaldesa anunciou que o Concello instalará un carril 30 na rolda de Outeiro co fin de "eliminar a dobre fila e mellorar a seguridade viaria" nesta arteria da cidade. A nova senda habilitarase no tramo comprendido entre a avenida do Exército e Peruleiro, en ambos os sentidos da circulación, e previsiblemente o vindeiro luns comezará a ser pintada. A sinalización vertical xa está instalada e nos próximos días establecerase a sinalización horizontal. A alcaldesa apuntou que, para combater a dobre fila, o Goberno local tamén reforzará a vixilancia policial na zona.
Rey asegurou que o Goberno local continúa con Coruña Cidade 30, "que xa é unha marca de cidade e grazas a ela conseguiuse calmar o tráfico en practicamente toda a cidade, permitiuse a convivencia de novas formas de mobilidade, mellorouse a eficiencia do transporte público e respéctase a cidadanía que camiña e que desfruta do espazo urbano en condicións de seguridade", dixo. Con estas actuacións enmarcadas no devandito plan, sinalou a rexedora, "recuperamos 50.000 metros cadrados de espazo público que xa podemos transitar a pé, con novos carrís como o de corredores e ciclistas do Paseo Marítimo" e, apuntou, "coa premisa dun carril menos, unha beirarrúa máis, agora estendemos esta redución de velocidade a 30 quilómetros por hora na rolda de Outeiro".
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible