8 de xaneiro de 2021
A alcaldesa confirmou que o Goberno local prolongará as medidas adoptadas para favorecer a hostalaría que poderá seguir ocupando as prazas de estacionamento situadas en fronte dos seus locais
.- A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que o Concello manterá durante o estado de alarma todas as zonas peonís e carrís gañados ao tráfico, e que prolongará as medidas adoptadas para favorecer a hostalaría. Deste xeito, os establecementos conservarán as capacidades das súas terrazas, e poderán seguir ocupando as prazas de estacionamento situadas en fronte dos seus locais garantindo así as distancias de seguridade, segundo recolle a ordenanza municipal que se prorrogará durante estes meses.
Isto significa, explicou a rexedora, que estas medidas se manterán polo menos até o mes de maio, aínda que "nestes momentos estamos a estudar que se poidan prolongar ata decembro e así aproveitar os meses de verán, tendo en conta as dificultades polas que pasa a hostalería". Trátase, insistiu, de aliviar as cargas económicas da hostalería, que se viu obrigada a pechar os seus negocios polas restricións derivadas da COVID, e favorecer a súa actividade, porque "é verdade que cada vez que se tomaron medidas restritivas, a hostalaría foi o sector máis castigado, a pesar de que sempre actuou con gran responsabilidade, tanto durante a desescalada como no estado de alarma, adoptando todas as medidas de seguridade e sanitarias impostas desde o Goberno e a Xunta".
A alcaldesa lamentou que debido á pandemia os locais de hostalaría se visen abocados a sucesivos peches o que "xerou incerteza, inseguridade e unha importante crise económica", pero insistiu en que o Goberno local non pode contradicir as medidas dos comités clínicos sobre os peches, pero si establecer, na medida das súas posibilidades, actuacións para paliar as súas perdas económicas.
Estas axudas súmanse, dixo Rey, a outras postas en marca polo Concello a través do Plan de reactivación económica e social da Coruña, PRESCO, e a supresión da taxa do lixo para os establecementos de hostalaría.
Canto ás zonas peonís, a alcaldesa recordou que algunhas zonas como a rúa Compostela, Os Cantóns e Alcalde Marchesi forman parte dun plan de humanización da cidade e súa peonalización tivo que adiantarse debido á pandemia, mentres que o resto son de carácter provisional.
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible