22 de novembro de 2020
Polo décimo aniversario do espazo, o Goberno local convoca o concurso “Éxito10”, en que impulsará tres proxectos que recibirán asesoramento e titorías nas áreas que máis o precisaren
Con motivo do décimo aniversario do Centro Municipal de Empresas de Agrela, o concello quere premiar novos proxectos empresariais a través dun concurso "Éxito10", en que se lle dará acubillo neste espazo a dez emprendedoras e emprendedores. O prazo para se apuntar remata o 4 de decembro e único requirimento é que as iniciativas non cheguen aos dous anos de vida. Con este certame, o Goberno local pretende consolidar os proxectos no tempo para mellorar así o tecido empresarial do municipio. Deste xeito, tratará de facilitarlles o proceso de asentamento desas actividades que concibiron con formación, asesoramento e mentorización. Para participar no concurso, cómpre presentar unha solicitude a través da sede electrónica do concello e engadirlle un impreso de solicitude xeral coa descrición: "Proxecto CONCURSO ÉXITO10 (Servizo de Emprego e Empresa)", o DNI, un anexo sobre o proxecto empresarial e un currículo das persoas inscritas.
Un comité especializado valorará cuestións como a demanda e as necesidades que cobre o produto, a previsión de vendas e a súa distribución. Ademais, terase en conta o seu carácter innovador e sustentable, así como o respecto á súa contorna natural e social e a contribución ao desenvolvemento tecnolóxico.
O 10 de decembro, daranse a coñecer as e os gañadores durante o acto de conmemoración do décimo aniversario. Repartiranse tres galardóns: o primeiro premio consistirá en seis meses de estadía gratuíta no Centro Municipal de Empresas de Agrela, un vídeo promocional e dez horas de mentorización ou titoría personalizada nas áreas de xestión que consideren máis necesarias.
O segundo premio serán catro meses de estadía gratuíta no centro e 8 horas de mentorización ou titoría personalizada e o terceiro premio suporá dous meses no local de Agrela e seis horas de asesoramento.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible