Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de outubro de 2020

O Concello programa distintos actos polo Día Mundial da Despatoloxización Trans

A Casa Museo Casares Quiroga acollerá a exposición `Referentes Trans´ e no Centro Cívico da Cidade Vella terá lugar este venres a xornada de conversas e debate `Realidades Trans´ para abordar as diferentes demandas do colectivo

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación presentou o programa para a visibilización da situación das persoas Trans e das súas demandas con motivo do Día Mundial da Despatoloxización Trans. Os obxectivos principais destas accións son poñer o foco de atención nas demandas que estigmatizan o colectivo Trans: a retirada dos manuais diagnósticos da clasificación dos procesos de tránsito entre xéneros como trastorno mental, o recoñecemento legal de xénero sen requisitos médicos, o acceso a unha atención sanitaria trans específica publicamente cuberta, a depatoloxización da diversidade de xénero na infancia, así como a protección contra a transfobia.

No marco da programación municipal, o Centro Cívico da Cidade Vella acollerá o vindeiro venres, 30 de outubro, dende as 17.00 horas, a xornada de conversas e debate `Realidades Trans´ para abordar as diferentes demandas do colectivo nos distintos ámbitos da vida como o laboral, o educativo ou o sanitario. A xornada de charlas contará coa participación de Miguel Vieito, Helio Marcial Miramontes, Daniela Ferrández e Kaia Baena. A inscrición poderase formalizar no teléfono 981 189 885 até o mesmo día do evento ou ata completar a capacidade.

A efeméride completarase na Casa Museo Casares Quiroga coa exposición `Referentes Trans´ que busca visibilizar, dar exemplo e empoderar as persoas Trans a través da biografía de diversos referentes do colectivo.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión