Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xullo de 2020

O Goberno local presenta o Plan de protección da ribeira do mar contra a contaminación

A finalidade desta medida é establecer un dispositivo permanente de información, previsión, alerta e actuación antes as emerxencias derivadas dun accidente de contaminación mariña

O Goberno local presentará mañá en sesión plenaria para a súa aprobación inicial o Plan local de protección da ribeira do mar contra a contaminación.  A finalidade deste plan é establecer un dispositivo permanente de información, previsión alerta e actuación antes as emerxencias derivadas dun accidente de contaminación mariña, que terá capacidade para protexer á poboación e, na medida do posible, evitar ou polo menos reducir os danos. O plan estará integrado no Plan territorial de continxencias por contaminación mariña da Comunidade Autónoma de Galicia, CAMGAL, e no Sistema Nacional de Resposta ante a contaminación mariña.

Unha vez aprobado o documento, publicarase no BOP e expoñerase a información pública durante 30 días co fin de que as persoas interesadas poidan presentar alegacións e suxestións. O plan estará dispoñible na web: www.coruna.es/mediomabiente e en formato papel nas oficinas da Casa do  Auga.

Na sesión de mañá, a Corporación abordará de maneira inicial o expediente de modificación do orzamento do  IMCE 2020, que consiste nunha baixa por importe de 700.000 euros debido a unha diminución de ingresos por transferencias do  Concello que foron destinadas ao Plan de reactivación económica e social da Coruña ( PRESCO) tras un acordo unánime da Corporación Municipal. En concreto, estes 700.000 euros financian a Liña 6 do plan de reactivación que irá destinada á industria cultural coa programación de actividades de lecer e a vinculación da cultura co comercio e a hostalaría, para o que se investirán 300.000 euros. Tamén se convocarán bolsas de creación para artistas individuais empadroadas/os na Coruña, cunha contía de 180.000 euros, e un bono cultura, que se poderá trocar por entradas para espectáculos, libros, discos e demais produtos culturais. A dotación total para esta liña cultural é de 910.00 euros.

Ademais desta baixa, proponse un crédito extraordinario por un importe de 30.066 euros con e un suplemento de crédito de 116.500 euros financiados co  remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Estas partidas serán destinadas a amortecer as consecuencias da pandemia.

Tamén se tratará a comparecencia do concello no recurso presentado por Repsol Petróleo SA contra a resolución do Tribunal en que se desestiman as alegacións presentadas pola compañía contra o acordo plenario que lle deu luz verde á modificación da categoría fiscal da zona da refinería, e que supón actualizar o Imposto de Actividades Económicas (IAE) que paga Repsol.

Por último, o pleno debaterá tamén o estudo de detalle para completar e reaxustar as rasantes na esquina da avenida Lamadosa coa rúa Jerónimo Vázquez Franco e outro sobre a ampliación das instalacións da entidade Showa Denko Carbón.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión