8 de abril de 2020
Un estudo realizado para valorar esta proposta de lecer informa de que do 30 de marzo ao 5 de abril formuláronselles ás familias un total de 30 retos
En concreto, o nivel de participación foi de 37.370 visitas realizadas aos blogs desde o 30 de marzo ao 5 de abril.
En canto á resposta das familias, na última semana formuláronse un total de 30 retos. As familias podían participar respondendo a calquera das 2 probas ou a ambas, se así o desexaban. As respostas serían enviadas ao enderezo do correo electrónico de cada blog en forma de texto ou imaxe, o que lle puntuaba 1 punto, ou ben en vídeo, o que lle proporcionará 10 puntos para o seu colexio. Se no vídeo se implicaba outra persoa membro da familia puntuábase como un vídeo dobre.
As respostas recibidas nesta segunda semana entre todos os centros reflectiron un total de 698 participacións, e foi claramente superior a resposta en forma de vídeo como opción elixida polas familias.
O XOGO
O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas para superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:
Os retos publicaranse no blog do xogo creado para cada colexio participante, os luns, mércores e venres ás 12:00 h. Dispós de 36 horas para realizar cada reto.
Novas relacionadas
13 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible