Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de maio de 2020

Rey solicitaralle información ao Goberno central sobre a venda da antiga Alcoa

A alcaldesa da Coruña comprometeuse esta mañá co Comité de Empresa a comprobar se o Grupo Riesgo é solvente e cumpre cos requisitos legais establecidos na compra anterior por parte de Parter Capital

Tras a reunión que mantivo esta mañá Inés Rey coas persoas representantes do Comité de Empresa da antiga Alcoa, a alcaldesa comprometeuse a contactar co Ministerio de Industria para lle solicitar información sobre a venda ao grupo Riesgo por parte de Parter Capital. Con este encontro, a rexedora quixo coñecer de primeira man as circunstancias en que se atopa o cadro de persoal e mais as súas demandas. Neste punto ve necesario confirmar a solvencia da empresa compradora e se esta cumpre con todos os requisitos legais establecidos na primeira venda a Parter Capital: "É unha cuestión que nos preocupa e queremos que as e os traballadores estean informados ao respecto".

Deste xeito, desde o concello reclamaralle ao Goberno central que utilice todos os medios que ten ao seu alcance, co fin de investigar os pormenores desta operación e "tomarmos así as medidas que garantan a continuidade desta industria", engadiu a rexedora.

A alcaldesa recordou que hai varios grupos interesados e que a planta necesita un "comprador fiable e solvente" que garanta o plan industrial, o emprego e a continuidade desta importante industria, nun sector que, na súa opinión, "ten futuro e é rendible". Rey tratou este asunto coa alcaldesa de Avilés, Mariví Monteserín, e desde o Goberno municipal manteñen unha comunicación constante co Comité de Empresa para coñeceren os detalles da situación.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión