20 de marzo de 2020
O concelleiro de Mobilidade sinalou que son as empresas as que deciden se continúan ou non cos traballos cumprindo, en caso afirmativo, coas normas de seguridade e hixiene que o Goberno central decretou durante o estado de alarma
O concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, anunciou esta mañá que non se autorizará ningunha obra pública máis durante o estado de alarma e que, no caso das que están en marcha, a Administración local, segundo os artigos 33 e 34 do Real decreto do 14 de marzo, non ten potestade para as paralizar. A empresa adxudicataria é a que ditamina se continúa ou non prestando o servizo ata a finalización dos traballos.
De seguir adiante, deberá adoptar as medidas de seguridade e hixiene para poder executalas, medidas que, por outra parte, deberá comunicarlle ao Goberno local. Deste xeito, as catro actuacións públicas que están activas nestes momentos levaranse a cabo segundo o que decidiron as operarias correspondentes: "Desde o concello podemos recomendarlles cuestións como a xornada continua para evitar que as/os empregadas/os se xunten á hora de comer".
Esta norma esténdese tamén ás obras de carácter privado, sobre as que o concello non ten competencia ningunha, máis que a de corroborar, a través da Policía Local, que a empresa está cumprindo no referente á seguridade e hixiene: "De non ser así, redactamos unha acta de sanción que trasladamos ao Ministerio do Interior".
Canto aos labores de xardinería, os servizos que se realizan estes días responden a unha cuestión de saúde pública, xa que o decreto recolle certos traballos como "esenciais" para evitar focos de insalubridade e a proliferación de animais ou residuos que poden constituír unha ameaza para a cidadanía.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible