Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de setembro de 2020

Yoya Neira: “O CoruFest é unha referencia nacional na cultura LGTBIQ+”

Hoxe presentouse no consistorio o Festival de Artes Escénicas CoruFest, que se realizará desde o 7 até o 11 de outubro en diferentes espazos da cidade para facer visible a liberdade afectivo-sexual na Coruña

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, e o concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, presentaron esta mañá o Festival de Artes Escénicas "CoruFest" xunto cos directores deste, José Leis e Gustavo del Río, que se realizará desde o 7 até o 11 de outubro en diferentes espazos da cidade: Teatro Colón, Teatro Rosalía de Castro, Centro Ágora, Fórum Metropolitano, Casa Casares Quiroga e Bibliotecas Municipais da Coruña.

Neira sinalou que o CoruFest "é referencia nacional na cultura LGTBIQ+ e que "non só fai visibles os dereitos e a igualdade, senón que o fai a través da cultura". A edila asegurou que esta iniciativa "sitúa á Coruña como unha cidade aberta á cultura LGTBIQ+ grazas ao traballo da organización deste festival". Pola súa banda, desde a organización do Corufest destacaron "o apoio incondicional do Concello da Coruña na súa terceira edición".

O festival naceu na Coruña en novembro de 2018 como una iniciativa que aposta pola programación de accións para dar visibilidade á liberdade afectivo-sexual e presentarse como un lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social.

Os directores do festival, Xosé Leis e Gustavo del Río, decidiron incorporar, na programación deste ano, proxeccións, exposicións, encontros con autoras/es e obradoiros; entre as xa habituais citas de música, teatro e danza; apostando e sumando ao festival propostas de artes plásticas, escritas e cinema. Todas elas con contidos LGTBIQ+.

A realización desta terceira edición, prevista para maio deste ano, viuse obrigada a aprazar as súas funcións ante a crise sanitaria provocada pola pandemia. Co apoio do Concello da Coruña nun ano tan complicado e a disposición de todas as e os artistas contactados para a programación, finalmente realizarase nos vindeiros días, con capacidades reducidas e seguindo estritamente todas as medidas sanitarias.

A programación comezará o mércores 7 de outubro co encontro exclusivo e pechado ao público do Clube de Lectura Queer co famoso escritor Roy Galán, que estará presente tamén ao día seguinte, o día 8, esta vez si aberto ao público, na Biblioteca Municipal Ágora, ás 19.00 h.

Rodrigo Cuevas repite no festival, actuará no Teatro Colón o 8 de outubro ás 20.30 h co seu espectáculo 'Trópico de Covadonga', co que aborda o concepto do tempo e os ciclos do ano en formato cancioneiro popular contemporáneo.

O venres 9 no vestíbulo do Teatro Colón teremos a terceira edición do Ciclo Alas, en que se presentará o libro 'El fin del armario' de Bruno Bimbi e o documental 'Fighting Barriers' de Tomás Fábregas. Á noite será a quenda de 'Dados', no Teatro Colón, da compañía Ventrículo Veloz.

A programación do sábado será no Centro Ágora, ás 17.30 h co obradoiro de danza "voguing" impartido por Galaxia La Perla e a continuación ás 19.00 h falará do seu traballo. Ás 20.30 h, no Auditorio do Ágora representarase 'Microspectivas dun marica millenial', un espectáculo de teatro-danza interpretado por Davide González e dirixido por Vanesa Sotelo.

O domingo, Victoria Pérez, acompañada de Manu Fernández, estará no Fórum Metropolitano co seu espectáculo 'Rosa e azul', unha sesión de contos que celebra a diversidade LGTBIQ e que racha cos estereotipos de xénero e binarismo impostos desde que nacemos. E, para rematar, o espectáculo 'Várvara', de Bárbara Sánchez, no Teatro Rosalía de Castro, ás 20.30 h. Un achegamento feminista ao arquetipo cristián de María Magdalena.

E ademais, desde o 7 até o 11, na Casares Quiroga estará exposta a obra do artista multidisciplinar Cachorro Lozano, o creador das tres láminas dos carteis do Corufest 2020.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión