Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de novembro de 2020

Benestar Social abre esta tarde as inscricións para unha nova edición de Nocturnia

O programa de lecer saudable, organizado desde o Servizo de Participación e Xuventude, desdobrará as actividades en dúas sesións e traballará cun número reducido de participantes, co fin de poder ofrecer as mesmas prazas cumprindo as restricións e medidas de seguridade impostas

A próxima fin de semana ponse en marcha unha nova edición de Nocturnia, o programa de lecer saudable da Área de Benestar Social do Concello da Coruña. Este programa, organizado desde o Servizo de Participación e Xuventude, busca proporcionarlles alternativas de lecer e tempo libre a mozas e mozos da cidade de entre 12 e 30 anos.

A inscrición para as actividades da primeira fin de semana abrirase hoxe ás 16.00 h e as prazas asignaranse por rigorosa orde de solicitude, no portal web municipal de Participación Cidadá: https://bit.ly/2IAD22t. A partir de aí, a inscrición nas actividades poderá realizarse semanalmente a través da mesma ligazón web.

Esta edición preséntase nun formato especial, xa que, debido ás restricións e medidas de seguridade a consecuencia da pandemia, reduciuse a capacidade máxima das actividades tanto no exterior coma no interior. Isto fai que moitas destas sexan desdobradas e, por tanto, haberá dúas sesións por cada unha, en horarios diferentes, co fin de poder ofrecer as mesmas prazas pero en pequenos grupos de participantes.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala que nesta edición "intentouse darlles cabida a todas as asociacións, entidades e persoas que ían desenvolver actividades na pasada edición de primavera en que non se puideron realizar pola declaración do estado de alarma" e que "desde o primeiro momento, a organización de Nocturnia estivo en permanente comunicación con todas e todos para buscar solucións conxuntas e ver como adaptar as propostas a esta nova normalidade". Neira quere agradecer "a permanente colaboración e as facilidades dadas desde todas as partes implicadas no programa para este puidese saír adiante nas mellores condicións".

Durante novembro e decembro, as persoas inscritas poderán gozar do mar con navegacións e observacións astronómicas a bordo da goleta Juan de Lángara ou de actividades de paddle surf e iniciación ao piragüismo. O contacto coa contorna natural tamén estará presente, posto que, tomando as restricións de mobilidade como unha oportunidade de descubrimento, haberá visitas aos concellos veciños para realizar rutas interpretativas e tamén se descubrirá a riqueza natural da cidade con itinerarios urbanos, a pé e en bicicleta, que buscarán a súa posta en valor. Os obradoiros creativos e artesanais compartirán espazo con propostas sobre artes escénicas, talleres de xogos de taboleiro e estratexia, danza, técnicas aéreas en teas ou escalada en rocódromo.

Esta edición, igual que a que se realizou no verán, estará adecuada aos diferentes protocolos activados polas autoridades sanitarias e pola Xunta de Galicia para desenvolver actividades no ámbito do lecer e do tempo libre para infancia e mocidade. O programa conta cun protocolo de actuación de aplicación en todas as actividades e que lles comunica ás persoas que queren participar no programa logo de realizaren a inscrición. Dada a situación sanitaria en que nos atopamos, a participación nas actividades estará condicionada á aceptación deste protocolo mediante unha declaración responsable.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión