Dende o 22/06/2015 ata o 08/09/2015
Xa rematou
Dende o 22/05/2015 ata o 18/06/2015
Polideportivo Municipal San Francisco Javier. Rúa Roberto Tojeiro Díaz 2. 15009 A Coruña
Onde e cando?
Inscricións “en liña” en www.coruna.es/deportes, nas instalacións da C.D. de Riazor, C.D. da Torre ou no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores, do 22 de maio ao 18 de xuño, ou ben, e dentro dos seus propios prazos e procedementos, directamente en cada entidade organizadora.
Como?
1. Cubrir a solicitude en:
• Páxina web municipal: www.coruna.es/deportes.
• Entidades Deportivas (co seu propio procedemento).
2. Pago da cota.
• As solicitudes presentadas a través da páxina web municipal recibirán automaticamente un SMS ou un correo electrónico, cunha mensaxe informándolle de onde teñen que facer efectivo o devandito pago.
3. Para formalizar a inscrición será necesario presentar o XUSTIFICANTE DE PAGO nun prazo de 72 horas desde o momento que se efectúa a solicitude.
• É preciso indicar no xustificante de ingreso os seguintes conceptos:
- Nome do solicitante e teléfono de contacto.
- Nome da entidade organizadora.
- Concepto: Actividade deportiva na que solicita a praza.
• A copia do xustificante de pago poderá presentarse a través de calquera destas vías:
- Enviando unha copia escaneada por correo electrónico a deportes@coruna.es.
- Ou persoalmente entregándoa no Palacio de Deportes de Riazor, de 08:00 a 23:30 h.
• A entidade organizadora resérvase a comprobación de pago das actividades.
4. En caso de non presentalo perderá a quenda de inscrición.
5. Confirmación da inscrición:
• Nas actividades con pago de cota: Unha vez entregado o xustificante de pago recibirá un SMS ou un e-mail confirmando a súa inscrición.
• Nas actividades gratuítas: Unha vez enviada/entregada a solicitude recibirá un SMS ou un e-mail confirmando a súa inscrición.
6. Cando o número de prazas solicitadas supere as ofertadas, crearase unha lista de espera segundo orde de data e hora da solicitude. Recibirá aviso de "Lista de Espera".
7. Para os menores de idade, a inscrición orixinal asinada polo titor/ra deberá ser entregada o primeiro día da actividade.
8. O Concello non se fará responsable das modificacións ou cancelacións que as entidades organizadoras poidan facer na súa programación. Así mesmo, reservarase o dereito para efectuar cambios por necesidades organizativas, comunicándoo coa maior antelación posible.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible