Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Está adscrita á Área de Economía, Facenda e Réxime Interior, e dela dependerá a seguinte estrutura administrativa:
Servizo de Orzamentos e Estudos Económicos
Tribunal Económico Administrativo Municipal
Servizo de Xestión Tributaria
Servizo de Intervención (sen prexuízo das funcións reservadas á Intervención Xeral)
Servizo de Tesourería (sen prexuízo das funcións reservadas á Tesourería Xeral)
Servizo de Persoal
Servizo de Calidade e Control da Xestión
Servizo de Contratación
Servizo de Interior e Atención Cidadá
Servizo de Informática
Servizo de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico
Ten delegadas as seguintes competencias:
Os expedientes de devolución de ingresos e todos aqueles aos que lles sexa de aplicación a normativa da Lei xeral tributaria e normas de desenvolvemento dela ou, supletoriamente, o Real decreto 191/2016, do 6 de maio, polo que se regula a devolución de ingresos indebidos non tributarios nin aduaneiros da Facenda Pública estatal, excepto cando a devolución derive da resolución de recursos que lles correspondan a outros órganos, nos que o dereito de devolución será recoñecido nela.
A tramitación dos expedientes de concesión de beneficios fiscais, coa mesma excepción da letra anterior. Nos supostos en que a devolución de ingresos ou a concesión de beneficios fiscais deriven da resolución dun recurso cuxa competencia está atribuída á concellería, corresponderalle a esta o recoñecemento do dereito de devolución ou do beneficio fiscal.
O acordo de incoación de expedientes de fiscalización limitada en materia de inspección tributaria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible