Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2017

O centro Ágora acolle desde mañá a exposición de fotografía colectiva 'Un migrante na rúa'

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, participará no acto de inauguración, que terá lugar ás 19.00 horas

O centro Ágora acollerá desde mañá a mostra itinerante de fotografía colectiva Un migrante na rúa, unha proposta que se define como "unha homenaxe á interculturalidade, á pluralidade e á diversidade". O traballo, promovido pola entidade Square e o colectivo Migrantes, axunta o traballo de 25 artistas que, a través das súas imaxes, queren concienciar sobre a realidade da migración como fenómeno mundial "presente en todas as épocas da historia e en todas partes do noso planeta. Así, nesta exposición mostraranse 25 pezas de Alicia Martínez Núñez, Andrés Fernández, Antía García Sendono, Begoña Bah, Belén Canosa, Carlos Durán López, César Charlón, Chico Mirás, Elena Pérez-Ardá López, Gimena Berenguer, Irene López, José Alberto Pedrido, José Padrín, Kike G. Pérez, Lestonnac Ibáñez Vilas, Moncho Fuentes, Paco Gallego, Pepe Ventureira Maceiras, Santiago Ramas, Santiago Rodríguez, Uxía Saborido, Xabier Martínez, Xoana Grela, Xosé Luís Alonso e Yanina Tuirán. Cada fotografía está apadriñada por algunha entidade local do tecido social, cultural ou empresarial da Coruña.

A inauguración, na que estará presente a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, estará acompañada do espectáculo poético musical Rosalía e a diáspora, no que participará a Agrupación Musical Albéniz e a xornalista Lidia Bao. A exposición, que se poderá visitar de luns a venres entre as 08.00 e as 21.00 horas, e os sábados de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, estará aberta ao público até o 27 de decembro deste ano.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión