Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Escola Municipal de Música da Coruña

Enderezo:

Rúa Torre 67. 15002 A Coruña

Teléfono:

981 226 752

Páxina web:

http://www.coruna.es/emm/

Servizos:

Clases de Música e Movemento, Jazz, Música Moderna, Clásica e Tradicional.

Horario:

· APERTURA DA ESCOLA: 08:00 a 21:30 horas.

· LECTIVO: 16:30 a 21:30 horas.

· ADMINISTRACIÓN: 09:00 a 14:00 horas.

Centro deseñado para satisfacer as inquietudes musicais, desde o punto de vista educativo e cultural, do maior número posible de cidadáns.

A Escola Municipal de Música da Coruña nace o 22 de Novembro de 1998 sendo inaugurada, polo que era por aquel entón Alcalde da Coruña, D. Francisco Vázquez Vázquez. A Escola Municipal de Música é un centro deseñado para satisfacer as inquietudes musicais, desde o punto de vista educativo e cultural, do maior número posible de cidadáns.

Nos seus plans de estudos teñen cabida alumnos de todas as idades, comezando a partir dos catro anos. A súa flexibilidade permítelle integrar a un alumnado con diferentes intereses e capacidades, abarcando ao mesmo tempo estilos musicais diversos.

Desde o curso 2002 - 2003 os alumnos da Escola Municipal de Música están a ofrecer concertos fóra dos muros do recinto que lles serven para poñer en practica o aprendido nas clases ante o pública.

Con frecuencia os alumnos da Escola participaron e participan en distintos certamenes e concursos convocados polas institucións para fomentar o desenvolvemento da música.

DATAS DE MATRÍCULA INTERNA, PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA EXTERNA:

Consultar na páxina web.

ÁREA MÚSICA E MOVEMENTO:

- 4 a 7 anos: Música e Movemento

- A partir de 8 anos: Xeral (Jazz, Música Moderna, Música Clásica e Música Tradicional)

CONTIDO: Nesta área, a voz será o instrumento principal. Fomentarase a improvisación e o desenvolvemento auditivo coa práctica instrumental en xilófonos e metalófonos cromáticos.

HORARIOS: Dous días á semana en horario de 16:30 a 19:30. As clases terán unha hora de duración.

CORO INFANTIL GRATUÍTO os Venres de 17:30 a 18:30 horas para os alumnos do Centro.

ÁREA XERAL:

AGRUPACIÓN: Consiste na interpretación de diferentes estilos musicais e a súa didáctica céntrase na análise e técnicas de improvisación rítmica, melódica, harmónica, etc.

INSTRUMENTO: Estudaranse as técnicas específicas do instrumento, lectura e interpretación, transposición, etc., sendo estes coñecementos necesarios para a participación nas agrupacións.

LINGUAXE: Terá unha duración de catro anos e basearase en: lectura, escritura, entoación, ritmo, harmonía, improvisación, etc.

Finalizados estes con éxito, poderase cursar Harmonía, Dirección ou Arranxo e Composición.

MATERIAS:

  • LUNS: Linguaxe.
  • MARTES Ou MÉRCORES: Instrumento.
  • XOVES: Agrupación.

O venres hai un programa intensivo no que se dan as 3 materias na mesma tarde. Só dispoñible en: piano, gaita, guitarra eléctrica, batería, canto lírico, saxofón, percusión tradicional e acordeón. Prazas limitadas.

Talleres:

- Gaita

- Coro

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión