Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

22 de maio de 2020

Inés Rey anuncia que o Concello habilitará un carril específico para correr sobre as vías do tranvía

A nova senda, que irá desde Os Surfistas ata As Escravas, instalarase a próxima semana co fin de desconxestionar o Paseo Marítimo e o carril bici

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que o Concello habilitará nos próximos días un carril específico para corredoras e corredores desde a Fonte dos Surfistas ata As Escravas. A nova senda instalarase sobre as vías do tranvía, a carón do xardín, cun asfalto resistente á erosión do mar e específico para correr.

"Seguimos traballando no cambio de modelo da mobilidade na nosa cidade", asegurou Rey, quen lembrou a "declaración de Cidade 30 que se asinou esta semana, así como todas as melloras na mobilidade peonil da Coruña nos últimos meses" e que "o Goberno local está traballando no regulamento dos VMP".

A rexedora explicou que "o obxectivo é desconxestionar o carril bici e o Paseo Marítimo" e, matizou, "polo de agora manterase o carril provisional" que se habilitou para facilitar a mobilidade peonil durante a desescalada.

A próxima semana, a Área de Infraestruturas comezará a instalar esta nova senda, unha acción que se enmarca dentro do plan de renovación do Paseo Marítimo. Ademais, a alcaldesa lembrou que "o proxecto de rexeneración do Paseo entre o Castelo de San Antón e Durmideiras, que xa se está redactando e que se licitará este ano, tamén contará cun carril específico para correr".

Dese o Concello explican que a creación deste carril non implica a eliminación da infraestrutura do tranvía, senón que esta se tapará para que este espazo poida ser aproveitado pola veciñanza e para evitar problemas de seguridade, unha iniciativa que estará en activo, polo menos, ata que haxa unha decisión acordada sobre a utilidade e a rendibilidade das vías do tranvía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión