Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Locais Municipais de Ensaio

SALA DE CONCERTOS O TÚNEL

Titularidade: Servizo Municipal de Cultura

Solicitude:

Lugar de tramitación: Rexistro do IMCE

LOCAIS DE ENSAIO

Titularidade: Servizo Municipal de Deportes e Mocidade

Acceso: gratuíto

Funcionamento dos locais:

Estas instalacións están compostas por tres locais de ensaio e un estudo de gravación.

Os grupos poderán utilizar os locais 12 horas mensuais, cun máximo de 3 horas semanais.

Equipamento dos locais de ensaio:

Os locais de ensaio constan de equipamento sonoro e backline (batería, amplificador de baixo, amplificador de guitarra, equipo de micros, etc.).

Equipamento do estudo de gravación:

No estudo de gravación poderanse gravar maquetas, para iso, haberá unha persoa con coñecementos de son e software informático especializado para realizar esta tarefa, ademais as bandas poderán contar cun técnico propio, previa autorización dos responsables do estudo.

Horario dos locais:

Luns e mércores de 16:00 h. a 22:00 h. Martes, xoves e de venres a domingo de 11:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 22:00 h.

Requisitos:

  • Polo menos a metade dos compoñentes do grupo deben estar empadroados no Concello da Coruña ou matriculados nun centro educativo da cidade.
  • Non existe límite de idade aínda que, terá preferencia os grupos cuxos compoñentes non superen os 30 anos (polo menos a metade deles)/deles).

Prazo de inscrición: 30 de marzo a 10 de abril de 2015 (ambos inclusive)

Os interesados gozarán de 3 horas de ensaio semanais durante os meses de abril a outubro de 2015.

Listaxes provisionais: a partir do 13 de abril de 2015 (poderán consultarse en www.coruna.es/cmix e www.locaisdensaio.blogspot.com.es)

Documentación:

  • Impreso de solicitude (pódese recoller nas oficinas do Rexistro Xeral Municipal, no Centro Municipal de Información Xuvenil - CMIJ ou descargar desde a páxina web: www.locaisdensaio.blogspot.com.es).
  • Certificado de empadroamento (ano 2015) ou resgardo da matrícula do centro educativo (curso 2014-2015), segundo corresponda (polo menos da metade dos compoñentes do grupo).
  • Copia do DNI de todos o membros do grupo.
  • Impreso de autorización do pai, nai ou titor legal, tanto para as actividades de ensaio como para outras actividades propostas polos locais de ensaio (gravación, exhibición e formación), cando os participantes sexan menores de idade (pódese recoller nas oficinas do Rexistro Xeral Municipal, no Centro Municipal de Información Xuvenil - CMIJ ou descargar desde a páxina web: www.locaisdensaio.blogspot.com.es).
  • Copia do DNI da persoa que asine a autorización a menores.

Bases da convocatoria: www.locaisdensaio.blogspot.com.es

Lugar de tramitación:

Presencial:

  • Centro Municipal de Información Xuvenil - CMIJ
  • Rexistro Xeral Municipal

En liña:

Normativa:

Regulamento do uso dos locais de ensaio da Concellería de Educación, Deportes e Mocidade.

CABINAS DE ENSAIO

Funcionamento:

Cada cabina é compartida por dous grupos.

Poden ensaiar as horas que desexen, dentro do horario establecido, por tanto, as horas de ensaio de cada grupo fíxanas eles mesmos.

Horario das cabinas:

Luns a domingo de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 00:00 h. (excepto os días que se celebre algún evento incompatible con esta actividade).

Requisitos:

Polo menos un dos membros do grupo debe estar empadroado no Concello da Coruña (comprobarase de oficio).

Solicitude:

  • Impreso de solicitude (pódese recoller nas oficinas do Rexistro Xeral Municipal ou descargar da páxina web: www.coruna.es).
  • No suposto de menores de idade, a solicitude debe ser asinada por un adulto.
  • DNI de todos os integrantes do grupo.
  • Abonar a taxa establecida (Ordenanza Fiscal nº 44, epígrafe 1.6).

Lugar de tramitación: Rexistro do IMCE

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión