Consejero técnico tipo V, Área de Alcaldía

Iago Martínez. Vigués de 1979, veciño da Coruña dende 2008. Xornalista, en excedencia dende que a Marea Atlántica, a construción dunha alternativa política para a maioría social na cidade, se converteu nunha ilusión demasiado esixente. Primeiro como coordinador da campaña electoral nas eleccións municipais de 2015 e agora como xefe de gabinete da Alcaldía da Coruña.
Até entón editaba a revista Luzes, que contribuíra a fundar canda Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, colaboraba cun programa semanal (Disimulen) en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, e escribía regularmente en Rockdelux. Nesta mesma cidade participei tamén da creación de Galiza Ano Cero, unha canle de televisión en internet, e nun proxecto apaixoante, toda unha escola, sobre a memoria sonora da Agra do Orzán: Música en Branco.
Entre 2011 e 2012, até o seu desmantelamento, formei parte do equipo de colaboradores da edición galega de El País, e antes dediquei tres anos, de 2008 en diante, ao malogrado Xornal de Galicia no polígono da Grela. Na mochila levaba xa as redaccións de O Miñor, Atlántico Diario, 20 Minutos e Tempos Novos, así como colaboracións en cabeceiras como Mondosonoro ou Caimán, entre outras.
Son autor de "Lois Pereiro. Vida e obra" (Xerais, 2011) e dirixín a medias con Alexandre Cancelo "Contra a morte", o noso común debut na longametraxe documental. Mentres puiden, formei parte do consello directivo do Sindicato de Xornalistas de Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible