Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de marzo de 2018

O Concello aborda unha xuntanza de traballo destinada a avanzar no proceso de execución das actuacións vinculadas ao EIDUS, "proxecto que transformará a calidade urbana da cidade"

O alcalde, Xulio Ferreiro, salientou a “transcendencia e complexidade técnica” dos procedementos que derivarán na execución da estratexia e puxo en valor o traballo dos servizos municipais para desenvolvelos

O alcalde, Xulio Ferreiro, así como o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, e a concelleira de Medio Ambiente, María García, participaron este venres, xunto con persoal técnico municipal, nunha xornada de carácter interno destinada a avanzar no proceso de execución do proxecto Eidus Coruña (Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible), que conta cun montante de 18,75 millóns de euros, dos que o 80% está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Nela, o rexedor recordou que o proxecto EidusCoruña, que xorde da convocatoria realizada polo Ministerio de Facenda e Administración Pública para que as cidades poñan en marcha estratexias de desenvolvemento sostibles e integradas, "ten como finalidade a conversión da nosa área nun espazo de maior calidade urbana, equilibrio económico e social, inclusivo e integrador, ambientalmente sostible e cunha marcada igualdade de xénero".

Esta xornada de traballo, que entra dentro das accións necesarias para o lanzamento do plan de execución do Eidus, realizouse logo de que o goberno local dese luz verde a finais de febreiro a distintos documentos que garanten a implantación na cidade da estratexia DUSI e entre os que se atopan non só o propio Plan de Acción, senón tamén o Manual de Procedemento, que dá conta das actuacións ligadas ao financiamento europeo no período 2014-2020.

"O Concello ten xa avanzado moito nos pasos necesarios para iniciar o procedemento de execución dos proxectos englobados dentro do Eidus. Todos os pasos previos están xa dados en tempo e forma. A aprobación do manual de procedemento por parte da Xunta de Goberno Local, o pasado día 1, foi o pistoletazo de saída. Agora temos que seguir adiante cun traballo longo e laborioso", salientou o primeiro edil na xuntanza, na que destacou que o desenvolvemento do proxecto Eidus Coruña "é transcendente e tecnicamente complexo" e na que tamén puxo en valor o papel dos servizos municipais para desenvolvelo.

Entre as accións contidas dentro do Eidus Coruña salientan aquelas que influirán no cambio do modelo de mobilidade cara a un sistema sostible e máis amable co tránsito a pé e coas formas de transporte non contaminantes. Atópase neste apartado, por exemplo, o ambicioso plan de renovación e ampliación de BiciCoruña, que ten como finalidade que a cidade conte con 46 estacións de aparcamento, así como cun parque de 500 bicicletas de alugueiro, a metade delas eléctricas, así como as actuacións encamiñadas á mellora da accesibilidade en Cidade Vella e Pescaría. No ámbito dos servizos sociais e a loita contra a desigualdade, o plan de execución tamén contempla a posta en marcha dun segundo centro social de baixa esixencia, e tamén inclúe un paquete relevante de medidas ambientais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión