Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xaneiro de 2024

Renovouse tamén o circuíto de escaleiras coa rolda de Monte Alto, onde se crearon novas zonas verdes e un espazo de lecer

O Concello conclúe os traballos de mellora da accesibilidade na rúa San Antonio, no barrio de Monte Alto

A intervención consistiu na renovación da rede de saneamento, do pavimento e do sistema de iluminación

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Infraestruturas, rematou as obras para mellorar a accesibilidade no sector norte da rúa San Antonio, situada no barrio de Monte Alto.

A intervención deseñada polo Goberno de Inés Rey, que se executou baseándose nas solicitudes veciñais, centrouse no treito de San Antonio comprendido na intersección conectada coa rúa Santa Cecilia e a rolda de Monte Alto. Renovouse a rede de saneamento, que implicou a substitución dos antigos colectores, feitos en gres e con 200 mm de diámetro exterior. As novas tubaxes son de PVC e contan cun diámetro exterior máis amplo, de 315 mm, que reforza a seguridade fronte a posibles fugas.

Tamén se levou a cabo a renovación total do firme, que pasa a estar disposto en forma de plataforma única, coas zonas peonís adoquinadas e diferenciadas do carril central -con 2,5 metros de anchura, e destinado ao paso dos vehículos para as persoas residentes-, no que o pavimento é de formigón semipulido.

Ademais, reconfigurouse o cruzamento entre o treito norte de San Antonio e a rúa Santa Cecilia, ampliando os espazos peonís. Ademais de incrementar a superficie de beirarrúa neste enclave, no acceso ao principal paso peonil con Santa Cecilia dispúxose un pavimento específico con baldosa podotáctil.

Acometeuse tamén a renovación do circuíto de iluminación, coa substitución das antigas lámpadas, xa obsoletas, por dispositivos de última xeración e tecnoloxía led, máis eficientes e susceptibles de poder regularse por tramos horarios.

Remodelación das escaleiras de acceso á rolda de Monte Alto

No contexto dos traballos, tamén se levou a cabo a renovación integral das escaleiras que conectan a rúa San Antonio coa rolda de Monte Alto. Partindo desde o alto de San Antonio, en ambos os laterais das escaleiras levouse a cabo un recubrimento do valo existente, con empedrados e callaos. En paralelo aos laterais do valo instaláronse tamén pasamáns dobres.

Esta intervención supuxo, ademais, o aproveitamento dos laterais inferiores das escaleiras, onde se crearon dúas pequenas xardineiras onde se dispoñen, ademais, novos espazos con bancos de madeira.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión