Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de novembro de 2022

O Concello da Coruña acomete a renovación integral da rede de saneamento entre as rúas Albert Camus e Ángel Rebollo, no barrio de Monte Alto

Os traballos, xa en marcha, abranguen a substitución dos colectores para adaptalos ás melloras xa executadas noutros tramos da rede, así como a renovación do firme e os pasos peonís existentes na contorna

O Concello da Coruña comezou a semana pasada os traballos para a renovación integral da rede de saneamento no cruzamento entre as rúas Albert Camus e Ángel Rebollo, situadas no sector oeste do Paseo Marítimo, na contorna da Domus.

As obras, propostas pola área de Infraestruturas co obxectivo de mellorar o funcionamento hidráulico da rede de sumidoiros existente neste enclave do barrio de Monte Alto, permitirán a substitución do colector actual, feito a base de gres e 200 mm de diámetro exterior, por un totalmente novo de PVC cun diámetro de 315 mm, co que se dá continuidade ás melloras xa executadas na rede de saneamento do distrito baixo estes parámetros, renovando o material dos colectores e apostando por un diámetro exterior que reforce a seguridade fronte a hipotéticas fugas de augas fecais.

O tramo que está sendo sometido a traballos de mellora abrangue, ademais do cruzamento entre Albert Camus e Ángel Rebollo, o acceso desde a rúa Paseo Marítimo á rolda de Monte Alto, tramo onde tamén se aproveitará esta intervención para executar unha renovación total do firme e o repintado dos pasos peonís situados na contorna.

Os traballos, que contan cun prazo de execución de dous meses, forman parte do plan para a renovación integral da rede de saneamento da cidade posto en marcha polo Goberno de Inés Rey. Na actualidade, e ademais de en Monte Alto, Infraestruturas tamén está levando a cabo melloras neste ámbito nas rúas Marsella, Roma e Salzburgo (A Zapateira); Santander (Os Mallos) e no núcleo poboacional de Bens.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión