Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xullo de 2022

O Concello promove un novo mercado ecolóxico e de proximidade en San Agustín

Esta iniciativa, que se celebrará todos os xoves do ano de 9.00 a 20.00 horas, forma parte do plan de dinamización dos mercados municipais

O Concello da Coruña promove no Mercado Municipal de San Agustín un mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade, que comezará este xoves 7 de xullo e continuará semanalmente ata o remate do ano. O obxectivo desta iniciativa posta en marcha polo Goberno municipal de Inés Rey é potenciar este espazo singular da cidade e apostar polas pequenas empresas e traballadores da cidade e a súa área de influencia.

A creación deste mercado ecolóxico e de proximidade forma parte do plan de dinamización dos mercados municipais levado a cabo polo Concello a través da súa concellaría de Comercio, Mercado e Barrios. A partir de mañá, persoas e colectivos gozar dese espazo.

Haberá unha ampla variedade de postos de produtos frescos, naturais e de proximidade, que convivirán co resto de traballadores e traballadoras do Mercado de San Agustín cada xoves. O horario de apertura dos postos será de 9.00 a 20.00 horas.

Entre os diferentes postos previstos atópanse espazos para produtos ecolóxicos de horta, artesanía, cosmética natural, moda sostible e viños naturais. Ademais, ao longo do ano programaranse distintas actividades, como exposicións de artistas locais, charlas divulgativas, obradoiros, clubs de lectura, catas ou degustacións de produtos de horta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión