Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de novembro de 2022

O conxunto é autoría de Xan Vázquez e recrea as catro fases recollidas por José Cornide no primeiro tratado sobre a Torre de Hércules

O Concello recupera o mural ‘Evolución da Torre’ que amosa as catro fases construtivas da Torre de Hércules

Dirixirá a intervención Alejandro Pujales Souto, restaurador da Porta Santa da Catedral de Santiago

O Concello da Coruña comezou os traballos para a recuperación do mural 'Evolución da Torre' de Xan Vázquez, situado no Campo da Rata. O conxunto recrea as catro fases construtivas da Torre de Hércules sinaladas polo historiador José Cornide de Saavedra no primeiro tratado sobre a Torre de Hércules, escrito no ano 1792. Este tratado foi o primeiro documento en recoñecer a orixe romana da Torre de Hércules.

Os traballos para a conservación e restauración do mural 'Evolución da torre' consisten na reintegración e reposición de estruturas e elementos deteriorados ou desaparecidos con pezas de similares características ás orixinais. Substituiranse tamén os elementos de cartelaría presentes en mal estado por un novo panel interpretativo metálico, mellorando a súa conservación xa que ten unha maior resistencia á climatoloxía. Ademais, levaranse a cabo traballos de limpeza na superficie pétrea así como na contorna do mural.

A intervención patrimonial estará baixo a supervisión de Alejandro Pujales Souto, profesional restaurador en arquitectura e escultura monumental. Entre as súas últimas intervencións destacan as realizadas no claustro do Pazo de Fonseca así como na Facultade de Medicina da USC ou en diferentes enclaves da Catedral de Santiago: transepto norte, praza da Quintana, Porta Santa, Patio de Abades ou as capelas interiores da xirola entre outras.

Con esta actuación o Goberno de Inés Rey avanza na restauración do patrimonio histórico-artístico da cidade, sumándose ás intervencións xa realizadas no parque Escultórico da Torre de Hércules ou á recuperación de espazos emblemáticos coma os xardíns de San Carlos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión