Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paseo de Riazor

Servizos:

Ten carril bici, tranvía, estrada e calzada peonil.

O Paseo Marítimo, o máis longo de Europa con máis de 13 quilómetros percorre desde o Castelo de San Antón ata o Portiño, envolvendo a cidade.
O paseo ten a finalidade de achegar aos coruñeses ao litoral marítimo e hoxe é o maior Paseo Marítimo de Europa, inaugurado en 1996 e aínda en marcha, que se converteu á vez nunha das principais vías de comunicación da cidade e lugar de lecer e encontro persoal.O paseo conta cunha calzada de dous carrís e dobre vía, o maior carril-bici de Galicia e, un amplo paseo peonil axardinado; o paseo esténdese ao longo de 13,5 km
Percorre a fachada costeira da cidade e desde el pódese acceder ás praias urbanas como o conxunto integrado pola praia do Orzán e a praia de Riazor, separadas polo rompeolas "A Coraza", restos da antiga muralla da "Pescadería".. , ao espazo natural da contorna da Torre de Hércules a 1,5 km do castelo de San Antón, á Casa dos Peixes ou á Domus na fronte marítima de Orzán, o Castelo de San Antón e xunto ao Paseo Marítimo, está tamén o porto de Coruña co seu porto deportivo e a nova torre de control marítimo moi moderna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión