Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proceso de admisión de alumnado en centros de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato sostidos con fondos públicos (curso 2019/2020)

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE ADSCRICIÓN

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013), que regula o procedemento de admisión, o 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición, do alumnado en centros sostidos con fondos públicos e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/17), pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

O alumnado que pretenda CONTINUAR ESTUDOS nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) -que se publica como anexo I da Orde do 25 de xaneiro de 2017-

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 15 de febreiro de 2017.

O formulario será facilitado gratuitamente nos centros docentes e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal/portal/.

IMPORTANTE: PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN SERÁ DO 1 AO 20 DE MARZO

Publicación de prazas vacantes: antes do 1 de marzo de 2017

Prazo de solicitude (1ª vez): 1 ao 20 de marzo de 2017 (os dous incluídos).

Prazo de presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión: do 22 de marzo ao 5 de abril de 2017.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril de 2017

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio de 2017

Prazo para a formalización da matrícula (ordinario): 25 de xuño ao 10 de xullo de 2017 os dous incluídos.

Prazo para a formalización da matrícula (extraordinario): 1 ao 10 de setembro de 2017 os dous incluídos (no propio centro).

Solicitude fóra de prazo: adxudicaranse por proposta do centro, despois do informe favorable do servizo provincial de inspección.

Criterios para seguir para a solicitude: no impreso pódense relacionar ata 6 centros por orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar. No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, na Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Todas as solicitudes que non puidesen ser admitidas polos centros, as solicitudes fóra de prazo e as solicitudes duplicadas son remitidas á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A Comisión de Escolarización adxudica praza a todas as persoas solicitantes pendentes nalgún centro do municipio. As listas coas novas adxudicacións faranse públicas na Inspección de Educación.

Reclamacións: as reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles que se contarán a partir da súa publicación, ante o órgano que as ditou.

Documentación acreditativa dos criterios de admisión (no caso de que haxa máis demanda que oferta de postos escolares)

Criterios de prioridade de admisión de alumnado e institutos (públicos e concertados)

Relación de centros

Máis información: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Normativa:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten os ensinos de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 6/2006, do 3 de maio, de educación, publicado no DOG núm. 245 do 26 de decembro de 2012.

Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinos de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicada no DOG núm. 53 do 15 de marzo de 2013. Corrección de erros, publicada no DOG núm. 79 do 24 de abril de 2013.

Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/17) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013

Documentos:

Centros escolares de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato (146 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión