981 275 050 (Rolda de Outeiro)
981 145 525 (Planta de tratamento de residuos sólidos urbanos RSU)
O obxectivo do punto limpo móbil é facilitar aos veciños e veciñas da Coruña a xestión dos residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva.
Nunha zona concreta da cidade situarase un vehículo que dispoñerá dunha plataforma traseira móbil, esta abrirase en dúas metades deixando un corredor central para poder acceder aos colectores específicos para cada tipo de residuo.
Este servizo serve para depositar pequenas cantidades de residuos perigosos do fogar, para o resto, como papel e cartón, plásticos, etc. xa hai colectores nas rúas e outros servizos, como o de recollida diaria de mobles.
Neste vehículo haberá un operario que axudará aos cidadáns para depositar cada residuo no colector correspondente.
Residuos admisibles: | Residuos NON admisibles: |
|
|
Horario: martes a sábado de 09:00 h. a 14:15 h.
LOCALIZACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL
Acceder ás localizacións previstas do Punto limpo móbil
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible